Mosteiro de Caaveiro (A Capela)
AVISO OBRAS
Por mor da execución das obras e intervencións museográficas no Mosteiro de Caaveiro, comunicase que, durante os meses de xuño ata novembro de 2026, pódense realizar restricións parciais temporais de acceso á determinados edificios e/ ou espazos abertos do conxunto histórico.
Desculpen as molestias que esto poida ocasionar.
Situado nun montículo rocoso entre os ríos Eume e Sesín, na fraga do Eume, de incomparable beleza, érguese este mosteiro que sufriu numerosas intervencións ó longo da súa historia. As súas orixes remóntanse ó seculo X en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar. A historia de Caaveiro vencéllase a S. Rosendo e pertencéu á orde de S. Bieito e posteriormente foi mosteiro de coengos regulares de S. Agustín.
Trátase dun conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas: Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario, etc.
A Deputación da Coruña e os Concellos onde se sitúan as Fragas do Eume e o Parque Natural están a realizar diversas actuacións para a posta en valor deste Parque Natural, onde se atopa situado o Mosteiro de Caaveiro. Neste sentido, a Deputación, en colaboración cos Concellos e a Xunta de Galicia (Servizo de Conservación da Natureza), quere facilitar o acceso ás Fragas e ao Mosteiro e ofrecer diversas alternativas ao visitante, ademais da entrada a través do portal do Parque Natural por Pontedeume, especialmente a aqueles visitantes que realizan pequenas rutas de sendeirismo polo interior do Parque Natural. Estas rutas tamén poñen en valor o Portal da Capela (construído e financiado con fondos da Deputación Provincial), xa que este acceso ofrece unhas posibilidades turísticas magníficas e potencia unha zona de grandes valores paisaxísticos e ambientais de carácter natural e etnográfico.
A rehabilitación do Mosteiro de Caaveiro recibiu o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico na categoría de espazos exteriores
Valor patrimonial
Declarado Ben de Interese Cultural, o Mosteiro de Caaveiro representa un dos mellores exemplos de monacato medieval galego integrado nun bosque atlántico de elevado valor ecolóxico. A súa localización e conservación permiten combinar o coñecemento histórico, arquitectónico e natural nun único percorrido.
AVISO DO ACCESO AO MOSTEIRO:
Para planificar a súa visita consulte previamente as alertas meteorolóxicas oficiais e a web do Parque Natural Fragas do Eume por posibles restricións no acceso.
HORARIOS VISITA MOSTEIRO:
- Novembro - Marzo: 9:00 h – 18:00 h (ou solpor)
- Abril - outubro: 9:00 h - 21:00 h (ou solpor)
HORARIOS TABERNA:
- Inverno: Sábados, domingos e festivos 11:00 h – 18:00 h
- Verán: Todos os días ata 30 setembro 10:00 h - 21:00 h
Horarios flexibles en función da climatoloxía.
Información: 609 575 243
