Mosteiro de Caaveiro (A Capela)
- HORARIO DE APERTURA:
Días: tódolos días da semana, incluso domingos e festivos
Horario: de 09:00 a 21:00
- HORARIO DE ATENCIÓN A VISITANTES (do 1 de xullo ao 15 de setembro, ambos inclusive)
Días: tódolos días da semana, incluso domingos e festivos
Horario: de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00
- SERVIZO GRATUITO DE TRANSPORTE:
Con motivo da restrición de acceso de vehículos particulares ao mosteiro de Caaveiro durante o verán (1 de xullo ao 4 de setembro), a Deputación da Coruña coa colaboración do Parque Natural das Fragas do Eume, pon a disposición dos visitantes un servizo gratuíto de transporte que conectará o Centro de Interpretación das Fragas do Eume co mosteiro de Caaveiro, de acordo con horarios que figuran na seguinte táboa.
HORARIOS AUTOBUSES CAAVEIRO (dispoñible do 1 de xullo ao 4 de setembro):
Saída Centro Interpretación | Saída Mosteiro de Caaveiro | Chegada Centro de Interpretación |
10:30 | 11:00 | 11:15 |
11:30 | 12:00 | 12:15 |
12:30 | 13:00 | 13:15 |
13:30 | 14:00 | 14:15 |
Sen viaxeiros | 14:30 | 14:45 |
16:00 | 16:30 | 16:45 |
17:00 | 17:30 | 17:45 |
18:00 | 18:30 | 18:45 |
19:00 | 19:30 | 19:45 |
20:00 | 20:30 | 20:45 |
Sen viaxeiros | 21:30 | 21:45 |
Situado nun montículo rocoso entre os ríos Eume e Sesín, na fraga do Eume, de incomparable beleza, érguese este mosteiro que sufriu numerosas intervencións ó longo da súa historia. As súas orixes remóntanse ó seculo X en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar. A historia de Caaveiro vencéllase a S. Rosendo e pertencéu á orde de S. Bieito e posteriormente foi mosteiro de coengos regulares de S. Agustín.
Trátase dun conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas: Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario, etc.
No Parque Natural das Fragas do Eume restrínxese o uso de vehículos particulares durante a Semana Santa e os meses de verán. Dada a gran afluencia de visitantes neste período tanto ao Parque Natural como ao Mosteiro de Caaveiro, a Deputación da Coruña, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio , ( servizo de conservación da natureza ) , ven prestando un servizo de transporte de visitantes por medio de autobuses entre o Centro de Interpretación do Parque Natural e a Ponte de Caaveiro.
A Deputación da Coruña e os Concellos onde se sitúan as Fragas do Eume e o Parque Natural están a realizar diversas actuacións para a posta en valor deste Parque Natural, onde se atopa situado o Mosteiro de Caaveiro. Neste sentido, a Deputación, en colaboración cos Concellos e a Xunta de Galicia (Servizo de Conservación da Natureza), quere facilitar o acceso ás Fragas e ao Mosteiro e ofrecer diversas alternativas ao visitante, ademais da entrada a través do portal do Parque Natural por Pontedeume, especialmente a aqueles visitantes que realizan pequenas rutas de sendeirismo polo interior do Parque Natural. Estas rutas tamén poñen en valor o Portal da Capela (construído e financiado con fondos da Deputación Provincial), xa que este acceso ofrece unhas posibilidades turísticas magníficas e potencia unha zona de grandes valores paisaxísticos e ambientais de carácter natural e etnográfico
Teléfonos de contacto de atención de visitas guiadas:
- Guia: 695 980 038
- Coordinadora: 658 797 319
Coa colaboración do Concello da Capela e o Centro de Interpretación de Fragas do Eume
A rehabilitación do Mosteiro de Caaveiro vén de recibir o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico na categoría de espazos exteriores