Páxinas
Novas

Dolmen de Dombate

Image Slider

 

Monumento megalítico no que existen dous túmulos superpostos: Un túmulo recente de 24 metros de diámetro e 1,8 metros de altura que presenta unha cámara poligonal longa, de sete ortostatos, aberta ó exterior a través dun corredor de tres treitos, orientado ó leste, ben diferenciado tanto en planta como en alzada. Este corredor, que aparecía tapado por unha lousa a xeito de porta continúase cara ó exterior a través dun corredor ou dromos existentes na masa tumular. Tanto a cámara como o corredor, presentan importantes restos de arte, sexa gravado ou pintura. É un túmulo antigo de 10,5 metros de diámetro e de 1 metro de altura, cunha estructura interna formada por unha cámara de nove ortostatos aberta ó leste, ó que se accedía por unha entrada en pozo. Adquirido pola Deputación da Coruña segundo escritura pública o 11 de setembro de 1975.

Catálogo en formato PDF (11 MB) : "O dolmen de dombate: Arqueoloxía, Arquitectura e Conservación"

Horarios de atención a visitantes do 1 xullo ao 30 de setembro: entrada libre e gratuita

Entrada libre e de balde: Abre todos os días de 9.00 as 21.00 (O acceso restrínxese 15 minutos antes do peche).

VISITAS GUIADAS :
Luns a Domingo 11:00 – 14:00 y de 16:00 – 20:00

Venres nocturnos (xullo e agosto) de 23:00 a 00:00 (cita previa, aforo máx. 30 persoas)
Visitas teatralizadas no exterior os sábados ( xullo e agosto) ás 18:00 e ás 19:30h.

Teléfono de atención a visitantes: 657 054 880 / 618 575 781 /981 754 020

Coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños