Dolmen de Dombate
Infórmase da modificación dos servizos de visitas ao Dolmen de Dombate nas seguintes datas e horarios:
Día 17 de setembro de 2022
Con motivo da realización do evento “Espazos Sonoros 2022, suspéndese o acceso e as visitas ao Dolmen, tanto libres como guiadas, entre as 10.30 h e as 18.00 h
Só se permitirá o acceso ao público inscrito na actividade Espazos Sonoros 2022.
Monumento megalítico no que existen dous túmulos superpostos: Un túmulo recente de 24 metros de diámetro e 1,8 metros de altura que presenta unha cámara poligonal longa, de sete ortostatos, aberta ó exterior a través dun corredor de tres treitos, orientado ó leste, ben diferenciado tanto en planta como en alzada. Este corredor, que aparecía tapado por unha lousa a xeito de porta continúase cara ó exterior a través dun corredor ou dromos existentes na masa tumular. Tanto a cámara como o corredor, presentan importantes restos de arte, sexa gravado ou pintura. É un túmulo antigo de 10,5 metros de diámetro e de 1 metro de altura, cunha estructura interna formada por unha cámara de nove ortostatos aberta ó leste, ó que se accedía por unha entrada en pozo. Adquirido pola Deputación da Coruña segundo escritura pública o 11 de setembro de 1975.
Catálogo en formato PDF (11 MB) : "O dolmen de dombate: Arqueoloxía, Arquitectura e Conservación"
SEMANA SANTA: todos os días visitas guiadas de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
VERÁN VISITAS LIBRES: do 1 de xuño ao 30 de setembro, todos os días da semana durante o verán en horario de 09:00 a 21:00
VERÁN VISITAS GUIADAS: do 1 de xullo ao 15 de setembro
De luns a domingo de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Visitas guiadas cada 30 minutos: comezando a primeira ás 11:00 e a última ás 19:30
VISITAS GUIADAS NOCTURNAS:
No mes de xullo os venres 9 e 23 ás 23:00
No mes de agosto: os venres 6 e 20 ás 23:00
Télefonos de contacto:
- Atención ao público/guía: 672 43 57 36
- Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate: 618 57 54 81
- Concello de Cabana de Bergantiños (horario de mañá): 981 75 40 20
Coa colaboración do Concello Cabana de Bergantiños