Estás en:PEL ACTIVA ITINERARIOS FORMATIVOS
ITINERARIOS FORMATIVOS

PEL ACTIVA inclúe 8 itinerarios de inserción laboral

TERRITORIO

PEL ACTIVA desenvolverase en 18 concellos da provincia

PERSOAS BENEFICIARIAS

PEL ACTIVA ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas inscritas como demandantes de emprego

AXENTES COLABORADORES

A selección dos itinerarios de PEL ACTIVA foi realizada en base á análise da demanda do mercado de traballo


PEL ACTIVA inclúe 8 itinerarios de inserción laboral que no 88 % dos casos están encamiñados á obtención de Certificado de Profesionalidade da Xunta de Galicia.

Están programadas 19 edicións dos itinerarios seleccionados.

Os itinerarios de inserción inclúen formación específica, transversal e complementaria, prácticas profesionais titorizadas en empresas, así como titorías e orientación laboral.

A formación será presencial e desenvolverá todos os módulos formativos incluídos no certificado de profesionalidade de referencia.

Cada acción formativa terá un total de 12 participantes por cada edición.