Preinscrición

DATAS PROBAS DE ACCESO

INICIACIÓN E TODOS OS CURSOS DE GRAO ELEMENTAL: Luns, 8 de xuño de 2026 ás 16:30

1º DE GRAO PROFESIONAL: Martes, 9 de xuño de 2026 ás16:00

RESTO DE CURSOS GRAO PROFESIONAL: Mércores, 10 de xuño de 2026 ás 16:30

NECESARIO FACER PREINSCRICIÓN PARA TÓDOLOS NIVEIS

(máis información en secretaría)

Preinscrición telefónica: 981 415 181 (de 16:00 a 21:00h)

Preinscrición telemática remitindo ao enderezo de correo electrónico conservatorio.danza@dacoruna.gal solicitude coa seguinte información:

  • Nome e apelidos do/a solicitante
  • Data de nacemento.
  • Persoa responsable e teléfonos de contacto
  • Curso ao que se presenta

Informámolo/a de que os datos facilitados serán tratados pola Deputación da Coruña co fin de xestionar a inscrición e a valoración das probas de acceso.
A lexitimación para o tratamento dos datos persoais baséase no cumprimento dunha misión de interese público. Os datos poderán ser comunicados ás Administracións públicas para o exercicio das súas competencias e serán conservados de acordo co establecido na normativa de arquivo.
Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Así mesmo se considera que o tratamento incumpre co establecido no RXPD pode reclamar perante a AEPD.
Pode consultar máis información relacionada coa protección de datos na nosa Política de Privacidade ou dirixir un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.