Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais
Coa intención de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como para lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, que foi o cantante Fran Pérez "Narf", a Deputación da Coruña convoca o Concurso Musical Deputación da Coruña, que pasa a denominarse a partir do ano 2017 Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais.
Prazo de presentación de solicitudes ata as 14:00 horas do día 15 de xuño de 2023
Ano 2023: XV Premio
XORNADA FORMACIÓN PARA GRUPOS E ARTISTAS FINALISTAS, E PARA O SECTOR EN XERAL
Lugar: Sala Circular do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
Día: 21 de outubro Hora: 10:30 h
Capacidade máxima: 40 persoas
Inscrición: dende as 9:00 h do día 2 de outubro ata as 23.59 h do día 18 de outubro
PROGRAMA:
10.30h MARIÁN FERNÁNDEZ: "Comunicación básica para artistas"
Especialista en comunicación cultural e socia fundadora de O Cable Inglés.
11.30h
XABIER ALONSO: "Dereitos de autor: o reto dixital"
Avogado especializado en dereito da cultura
[pausa café]
13.00h
ANTÓN MARTÍNEZ: "Como proxectar a túa carreira internacionalmente"
CEO de EnDirecto e socio de Nordesía. Partner local de Womex 2023.
Histórico do premio
CONVOCATORIA | GAÑADOR |
2022 | Primeiro clasificado: Mallou Terceira clasificada: Madalena Gamalho |
2021 | Primeiro clasificado: Peña |
2020 | Primeiro clasificado: Caldo Segundo clasificado: Koroiev Terceiro clasificado: Momboi Cuarto clasificado: Ukestra do medio Quinto clasificado: crnds |
2019 | Primeiro clasificado: Mileth Segundo clasificado: Costa Escura Terceira clasificada: Adhara & Ritman Cuarto clasificado: Rabuda Quinto clasificado: Rebezo |
2018 | Primeira clasificada: Su Garrido Pombo Segundo clasificado: Néboa Terceiro clasificado: Oh! Ayatollah Cuarto clasificado: Zumaque trío Quinta clasificada: A banda da loba |
2017 | Primeiro clasificado: Mounqup Segundo clasificado: Igmig Terceiro clasificado: Pardo Cuarto clasificado: Cintaadhesiva Quinto clasificado: Samarúas |
2016 | Primeiro clasificado: Bala Segundo clasificado MJ Pérez Terceiro clasificado: The Trunks Cuarto clasificado: Jamie Fithring & The Fearghails Quinto clasificado: Two faces |
2015 | Primeiro clasificado: Sandford Music Factory Segundo clasificado: Pölisong Terceiro clasificado: True Mountains Cuarto clasificado: Biribirlocke Quinto clasificado: Strikeback |
2014 | Primeiro premio: Ruta 77 Segundo premio: Agoraphobia Terceiro premio: Misterioso Viaje Holanda Cuarto premio: Daniel Royo & Band Quinto premio : Ith |
2013 | Primeiro premiado: Familia Caamagno Segundo premiado: Ánima Terceiro premiado: La senda de Afra Cuarto premiado: El viejo caracol Quinto premiado: Doctor Snob |
2011 | Primeiro premiado: Púlsar Segundo premiado: Tregua Terceiro premiado: TST Cuarto premiado: Noc Quinto premiado: Yidorah |
2010 | Sweet Oblivion |
2009 | Jacobo Paz |
2008 | Trapos sucios |