Rede Cultural da Deputación da Coruña
Coa Rede Cultural conectamos o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudamos á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:
ESCENA AO VIVO. Programación profesional de teatro, monicreques e danza para concellos.
VISIÓNS. Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos
ALICERCE. Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.
LINGUA AO VIVO! Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.
- Segunda Fase 2019: solicitude de espectáculos:
- Inicio: 27 de febreiro de 2019, as 00.00 horas
- Fin: 13 de marzo de 2019, as 14.00 horas
- Primeira Fase 2019: inscrición de espectáculos:
- Inicio: 4 de xaneiro de 2019, as 00.00 horas
- Fin: 17 de xaneiro de 2019, as 14.00 horas