Estás en:Cultura Rede Cultural da Deputación da Coruña

Rede Cultural da Deputación da Coruña

  • ANUNCIO (01/04/2020):

Ampliación do prazo para a contratación de espectáculos incluídos na Rede Cultural 2020.
Os concellos poderán contratar a realización de espectáculos ata o 31 de marzo de 2021.

BOP nº 56, de 31/03/2020

  • IMPORTANTE: En relación co estado de alarma decretado polo Goberno central, o prazo de presentación de solicitudes de espectáculos da Rede Cultural está suspendido e reanudarase cando remate esta situación.

Porén, os concellos e entidades poden seguir presentando nestas datas as solicitudes de espectáculos para o 2020 e as xustificacións de pagamento do pasado ano a través da plataforma Subtel, xa que estamos traballando telematicamente.
Polas circunstancias excepcionais que vivimos, se for preciso os concellos e os grupos e artistas poderán máis adiante modificar as datas dos espectáculos programados.

Por outra parte, esta Deputación garantiza que se cumprirán todos os compromisos que se adquiran en relación coa Rede Cultural ou os contratos de espectáculos que se realicen directamente pola Deputación.

Coa Rede Cultural conectamos o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudamos á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:

  • ESCENA AO VIVO. Programación profesional de teatro, monicreques, maxia e danza para concellos.
  • VISIÓNS. Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos
  • ALICERCE. Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.
  • LINGUA AO VIVO! Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.

 

Os prazos desta convocatoria serán os seguintes:

  • Primeira fase: inscrición de espectáculos
    • Inicio: o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no BOP
    • Fin: 31 de xaneiro de 2020, as 14:00 h.
  • Segunda fase: solicitude de espectáculos
    • Inicio: 10 de marzo de 2020, ás 00.00 h.
    • Fin: 26 de marzo de 2020, as 14:00 h.
  • Terceira fase: resolución
    • A resolución de adxudicación dos espectáculos realizarase antes do 30 de abril de 2020
  • Cuarta fase: xustificación
    • Inicio: o día seguinte ao da sinatura dos convenios
    • Fin: 15 de febreiro de 2021