Estás en:Deporte Programa de subvencións Concellos

Concellos

FO106


A Deputación da Coruña, no marco das súas competencias, destina importantes recursos á actividade de fomento no eido deportivo, principalmente mediante a concesión de axudas económicas orientadas ao financiamento dos gastos de persoal técnico dos concellos da provincia. Esta liña de actuación ten como finalidade contribuír a que as administracións locais acaden os obxectivos que lles son propios na xestión e dinamización do deporte municipal,
fomentando a participación da cidadanía na práctica física e promovendo a igualdade de xénero no deporte.


O obxecto do programa FO106 é contribuír ao financiamento dos gastos de persoal técnico dos servizos municipais de deporte, mediante unha axuda
destinada ás súas retribucións, co fin de garantir o desenvolvemento dunha programación deportiva estable nos concellos.
Neste programa subvencionaranse os postos de traballo desempeñados por persoal funcionario ou laboral, fixo ou temporal, con relacións de emprego
que se axusten á lexislación vixente.