Entidades
-
FO103B: Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial, ou autonómico.
A axuda deste programa esta dirixido a clubs deportivos que conten con algún equipo ou deportista (no caso de deportes individuais) que participen en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico.
A axuda deste programa está destinada para os gastos ocasionados polo exercicio das funcións propias dos clubs deportivos no desenvolvemento da súa actividade federada ao dentro das competicións nas que participa.
FO103B: Orzamento: 1.000.000 €
-
FO103C: Programa de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional.
A axuda deste programa esta dirixido a clubs deportivos que conten con algún equipo ou deportista (no caso de deportes individuais) que participen en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional, aínda que algúns dos outros equipos ou deportistas do club participen en competicións oficiais federadas de ámbito inferior ao nacional.
O obxecto do programa é financiar exclusivamente os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional.
FO103C. Orzamento: 1.200.000 €.
-
FO103D: Programa de subvencións a entidades deportivas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia.
A axuda deste programa destinarase a sufragar os gastos inherentes á organización de grandes eventos deportivos, promovidos por entidades deportivas, de carácter relevante (pola súa incidencia en termos deportivos, sociais e económicos xerando ingresos ou beneficios para o territorio) da provincia.
Estes eventos desenvolveranse de xeito ininterrumpido nunha ou varias xornadas consecutivas, terán que estar incluídos no calendario de competicións oficial correspondente e deberán ter un orzamento igual ou superior a 50.000 €.
Cada entidade só pode presentar un proxecto dun só evento.
FO103D. Orzamento: 500.000 €.
-
FO104: Programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo.
As axudas económicas obxecto desta liña de subvención destinarase á realización de investimentos deportivos directamente relacionados coa modalidade coa que figure inscrita no rexistro de entidades deportivas.
Unicamente serán obxecto de axuda os gastos por adquisición, rehabilitación ou mellora de instalacións propias da entidade; obra nova; bens inventariables e equipamentos.
No caso de adquisición, rehabilitación ou mellora de instalacións e obra nova as instalacións deberán ser propias, non alugadas nin cedidas.
FO104. Orzamento: 550.000 €.
-
FO104V: Programa de subvencións aos clubs deportivos da provincia da Coruña que participaran en competición federada para adquisición de vehículos de uso deportivo.
O obxecto deste programa é financiar os gastos derivados da adquisicións de vehículos novos ou usados, para facilitar a realización das súas actividades.
Os vehículos usados, deberán cumprir estes requisitos:
· Ter unha antigüidade máxima de 3 anos.
· Ter como máximo 80.000 quilómetros.
· Ter pasadas todas as inspeccións técnicas obrigatorias.
· Contar cunha garantía mínima de fábrica de 2 anos.
· Non estar reformados ou, con reformas que non modifiquen as características de fábrica, excepto a colocación de enganche de remolque que si será admitido.
Os vehículos matriculados polo concesionario ou polo fabricante (quilómetro cero) terán a consideración de novos.
FO104V. Orzamento: 125.000 €.