Estás en:Cultura Programación propia

Programación propia

A acción cultural da Deputación da Coruña desenvólvese fundamentalmente a través de liñas que buscan favorecer os proxectos e iniciativas dos concellos e das entidades sen ánimo de lucro, e por tanto non se centra no desenvolvemento de programación propia. Con todo, no calendario cultural do ano desde a área de Cultura poñemos en marcha propostas culturais propias vinculadas a datas de referencia (Día do Libro, Día de Rosalía, Día das Letras Galegas, Día Internacional das Mulleres) ou efemérides culturais. Desta maneira vimos organizando actividades como o FESTIVAL ROSALÍA, na cidade de Santiago de Compostela, espectáculos como HEMISFERIOS no Teatro Colón ou iniciativas como LIBROS LIBRES co conxunto de concellos da provincia.

Dentro da nosa programación propia, xunto co apoio transversal ás propostas que se relacionan desde a cultura coa igualdade de xénero -con accións como o concurso de ideas Luísa Villalta-, atendemos tamén de forma prioritaria a recuperación da memoria histórica, con proxectos como Xeración Perdida.

Actividades  de programación propia: