Estás en:Servizos Sociais Convocatorias de subvencións Subvencións entidades locais

Subvencións entidades locais

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO E ACTUACIÓNS DE LOITA CONTRA A SOIDADE NON DESEXADA NO ANO 2025 (FOEAC-2/2025)

O obxecto do programa FOEAC-2/2025 é a asistencia económica ás entidades locais de entre 5.000 e 10.000 habitantes, co fin de contribuír ao financiamento das actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada.

Actividades subvencionadas
Poderá solicitarse subvención para o desenvolvemento dun proxecto de intervención social comprendido por unha ou varias actividades, dirixidas a persoas maiores de 60 anos cuxa finalidade sexa fomentar o seu benestar físico, emocional e social.

Poderán ser actividades desenvolvidas en espazos de uso público de forma individual e/ou grupal, así como actividades no domicilio das persoas usuarias. Neste último caso, admítense, entre outras as atencións de carácter complementario do servizo de axuda no fogar (SAF) de servizo de fisioterapia e terapia ocupacional.

As actividades do proxecto de intervención social deberán encaixarse dentro das que se citan a continuación:

· EA-1 Actividades para a prevención do deterioro físico
· EA-2 Actividades para a prevención do deterioro mental e estimulación cognitiva.
· EA-3 Outras actividades para o fomento da saúde e da calidade de vida
· EA-4 Actividades para a elaboración e execución de Plans locais de loita contra a soidade non desexada
· EA-5 Actividades interxeracionais
· EA-6 Actividades de acción voluntaria (as persoas destinatarias do proxecto poden ser as receptoras ou as que executen a acción voluntaria)

Datos do programa

Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes
Sección: Sección de Servizos Sociais
Anualidade: 2025
Denominación: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2025
Entidades beneficiarias: Os concellos e entidades locais da provincia da Coruña de entre 5.000 e 10.000 habitantes
Programa: FOEAC-2/2025
Aplicación orzamentaria: 0611/23121/46201
Importe da convocatoria: 217.000,00 €
Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.

Podes consultar as bases no BOP n.º 100 do 28 maio de 2025

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS PARA OS DESPRAZAMENTOS DO PERSOAL DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS (FOICV/2025)

O obxecto do programa FOICV/2025 é contribuír ao financiamento da adquisición dun vehículo novo ou quilometro cero para os desprazamentos do persoal dos servizos sociais comunitarios
O importe da subvención solicitada será máximo 20.000 €, non podendo superar o importe estimado do vehículo descontados, no seu caso, os outros ingresos previstos para o seu financiamento.
Cada entidade local poderá realizar unha única solicitude para un só vehículo.

Datos do programa

Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes
Sección:Sección de Servizos Sociais
Anualidade:2025
Denominación: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para a adquisición de vehículos para os desprazamentos do persoal dos servizos sociais comunitarios
Entidades beneficiarias: Os concellos e entidades locais da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes
Programa: FOICV/2025
Aplicación orzamentaria: 0611/23121/76201
Importe da convocatoria: 100.000 €
Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.

Podes consultar as bases no BOP 198 do 14 de outubro de 2024

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E ENTIDADES LOCAIS PARA FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS DURANTE O ANO 2025 (FOPPSS/2025)

O programa FOPPSS ten por obxecto a asistencia económica e técnica ás entidades locais na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios dando preferencia aos servizos mínimos que son os servizos sociais comunitarios básicos establecidos na Lei 13/2008 do 3 de decembro.

Datos do programa

Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes
Sección: Sección de Servizos Sociais
Anualidade: 2025
Denominación: Programa de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2025
Entidades beneficiarias: Os concellos e entidades locais da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes
Programa: FOPPSS/2025
Aplicación orzamentaria: 0611/23121/46201
Importe da convocatoria: 9.108.793,42 €, máis as modificacións que se poidan producir

Podes consultar as bases no BOP 198 do 14 de outubro de 2024