Estás en:Servizos Sociais Trastornos Aditivos

Trastornos Aditivos

Debido ao incremento das adiccións comportamentais relacionadas coas novas tecnoloxías e co xogo online e videoxogos cada vez a idades máis temperás, a Área de Benestar Social apoia diferentes tipos de proxectos e iniciativas en relación coa prevención deste tipo de adiccións, en colaboración con entidades especialistas.

É fundamental ter en conta ós axentes clave do territorio como son o persoal técnico en servizos sociais, orientadores e orientadoras educativos/as e técnicos/as comunitarios/as de prevención de adiccións.

Así mesmo é importante contar con outras persoas especialistas como o persoal investigador das universidades que está a realizar diferentes estudios en relación con este tipo de adiccións comportamentais.

É por todo isto que a deputada de Benestar Social propón á Sección de Servizos Sociais a realización dunha xornada formativa dirixida a persoal do ámbito comunitario de cara a reforzar o ámbito preventivo dende os concellos e os centros educativos.

Dita xornada estivo organizada pola Deputación Provincial da Coruña en coordinación con a ASOCIACIÓN AGALURE, única entidade especialista en adiccións comportamentais da provincia da Coruña.

A xornada tivo lugar o  día 20 de xaneiro de 2023 na sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial, A Coruña.