Estás en:Servizos Sociais Persoas maiores Encontro provincial dos servizos sociais comunitarios

Encontro provincial dos servizos sociais comunitarios

Imaxe web.jpg

O vindeiro día 7 de novembro de 2025  temos unha cita no Pazo de Mariñán onde terá lugar o Encontro provincial dos servizos sociais comunitarios no que este ano poremos o foco no envellecemento e a soidade non desexada, buscando retos e oportunidades para a intervención.

Para isto contaremos con profesionais de recoñecido prestixio do ámbito da xerontoloxía e atención ás persoas maiores así como expertos/as en metodoloxía de intervención coa soidade non desexada, tendo en conta as especiais características dos entornos rurais nos que se desenvolve o noso traballo no sector dos servizos sociais.

Ademais contaremos coa presenza de compañeiras/os de varios concellos que nos presentarán as súas boas prácticas en materia de envellecemento activo e soidade.

Así mesmo, na xornada de tarde levaremos a cabo dous obradoiros prácticos nos que aprenderemos a aplicar diferentes ferramentas que nos permitan intervir con estas casuísticas, intentando buscar sempre a resposta máis axil e eficaz posible.

Pretendemos que este encontro sexa un lugar de intercambio de sinerxias, onde podamos atopar respostas a algunha das nosas inquedanzas profesionais e persoais e podamos dar resposta ós novos retos de futuro que se nos presentan nos vindeiros anos.

Moitas grazas por participar, contamos con vós!

Formulario de inscrición (prazo aberto ata o 10 de outubro. Aforo limitado)

Programa do encontro