Estás en:Servizos Sociais Persoas maiores

Persoas maiores

1. DEFINICIÓN DO PROGRAMA

A teleasistencia domiciliaria é unha prestación técnica dentro do servizo social de axuda a domicilio e apoio á unidade de convivencia, que permite a posibilidade de continuar vivindo no propio domicilio.

O IMSERSO, a FEMP, e a Deputación Provincial da Coruña, asinaron no ano 1998, un convenio de colaboración para desenvolver o programa de teleasistencia.

O servizo ofertóuselles ás persoas usuarias a través dos concellos da provincia da Coruña, ao abeiro do convenio marco de colaboración que asinaran á súa vez o IMSERSO e a FEMP, con data do 20 de abril de 1993.

2. PERSOAS DESTINATARIAS

As persoas destinatarias do servizo de teleasistencia domiciliaria son persoas maiores de 65 non dependentes, tendo prioridade aquelas persoas que vivan soas permanentemente ou durante gran parte do día.

3. OBXECTIVOS

O programa de teleasistencia domiciliaria ten por obxecto dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade as 24 horas do día, todos os días do ano, proporcionándolles seguridade e tranquilidade aos seus usuarios/as.

O funcionamento deste sistema consiste no contacto permanente das persoas usuarias cunha central de atención. Ditas persoas dispoñen dun terminal conectado á súa rede telefónica, que se acciona con só premer o botón da pulseira ou medallón que deben levar sempre consigo.

A central de atención, xestionada na actualidade pola empresa EUXA, está asistida por un equipo de teleoperadores/as profesionais que realizan funcións de seguimento e acompañamento social das persoas usuarias asi como mobilizan os recursos axeitados ante posibles situacións de emerxencia. Para realizar ditas funcións este equipo de profesionais conta previamente con todos os datos necesarios da persoa usuaria como por exemplo: enfermidades, medicación, familiares ou persoas de contacto, etc.

4. SITUACIÓN ACTUAL DO PROGRAMA

A partir de 2008 prorrógase o compromiso do convenio co IMSERSO e a FEMP, mantendo a súa achega e garantindo as telealarmas xa concedidas, ata causar baixa no programa provincial.

A Deputación Provincial da Coruña financiará no ano 2013 o Programa de Teleasistencia Domiciliaria de forma íntegra, mantendo o mesmo número de persoas usuarias.

Os movementos como as baixas, suspensións temporais, etc. deben tramitalos os concellos adheridos ao convenio nos impresos oficiais e comunicarsellos á Deputación.

Obter aquí os impresos

 

Información sobre o Servizo "Contigo Mellor"

 

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nas convocatorias de subvencións para entidades locais fináncianse as seguintes liñas de actuación:

 

PROGRAMAS DE SAÚDE E CALIDADE DE VIDA

Códigos:

  • EAS-1 Proxectos para a prevención do deterioro físico: actividades de ximnasia, mantemento, termalismo social e similares.
  • EAS-2 Proxectos para a prevención do deterioro mental: obradoiros de memoria e similares.
  • EAS-3 Proxectos ou accións para garantir a seguridade, como son, entre outros, os cursos de primeiros auxilios, de prevención de riscos e caídas no fogar ou na rúa, de manipulación de material perigoso na vida cotiá e outras similares.

 

PROGRAMAS DE PARTICIPACIÓN NO MEDIO SOCIAL

Códigos:

  • EAP-1 Campañas de sensibilización (xornadas, seminarios, charlas, congresos, publicidade, etc.) sobre a participación social das persoas maiores en igualdade de oportunidades.
  • EAP-2 Proxectos formativos/informativos sobre a creación, participación e mellora da xestión de organizacións e asociacións, formadas maioritariamente por persoas maiores, para o fomento da participación social.
  • EAP-3 Proxectos ou accións de ocio e tempo de lecer que promovan espazos de encontro como: obradoiros de traballos manuais, restauración, música, danza e outros.

 

PROGRAMAS DE CONVIVENCIA INTERXERACIONAL

  • EAC-1 Campañas de sensibilización (xornadas, seminarios, charlas, congresos, publicidade, etc.) sobre a importancia das persoas maiores na familia e na sociedade.
  • EAC-2 Proxectos formativos/informativos como, por exemplo: escolas de avós e avoas, obradoiros de recuperación de xogos tradicionais, obradoiros de recuperación da memoria histórica da zona, obradoiros de reparto das tarefas domésticas e outros obradoiros.

 

CONCESIÓNS

Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.0.3.6.A. dos últimos catro anos nas seguintes ligazóns:

NO ANO 2017 A CONVOCATORIA  F.O.0.3.6.A. (PROGRAMAS DE ENVELLECEMENTO ACTIVO) INCORPOROUSE Ó PLAN P.O.S.+ DA DEPUTACIÓN

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nas convocatorias de subvencións para entidades sen ánimo de lucro fináncianse as seguintes liñas de actuación:

SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE PERSOAS MAIORES

Códigos:

  • EP-1 Residencias
  • EP-2 Centros de atención diúrna e/ou nocturna
  • EP-3 Centros mixtos
  • EP-4 Vivendas comunitarias
  • EP-5 Apartamentos tutelados

 

CONCESIÓNS

Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.A.X.E. (mantemento de servizos sociais) dos últimos anos nas seguintes ligazóns:

ANO 2017

ANO 2016

ANO 2015

ANO 2014

Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.I.E. (investimento de servizos sociais) dos últimos  anos nas seguintes ligazóns:

ANO 2017

ANO 2016

ANO 2015

ANO 2014

A Deputación da Coruña aboa estadías en residencias para persoas maiores da Provincia. O aboo destas estadias podían realizarse de duas formas, a petición da persoa interesada ou por petición da xerencia do Sanatorio Psisiquiátrico de Conxo, para solicitarla bastaba cunha instancia cumprimentada pala persoa interesada ou da Alcaldía do municipio de residencia que acreditase o empadroamento. Actualmente séguese financiando estadías ainda que non se dan altas novas, é un programa en extinción derivado das anteriores competencias da Deputación.

Na actualidade a competencia para a atención destas estadías recae na Comunidade Autónoma de Galicia, na Xunta de Galicia.

Relación de Centros

  • Asilo Ancianos da Coruña
  • Residencia de ancianos/as "Garcia Hermanos" Betanzos
  • Residencia " Nuestra señora de las virtudes" Pontedeume
  • Residencia "San José" Narón
  • Residencia " San Marcos" Santiago de Compostela
  • Residencia de ancianos/as " Dolores Diaz de Davila" Ortigueira
  • Asilo ancianos/as Monforte Lugo
  • Centro Caritas Parroquial da Coruña

CESIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO XERONTOLÓXICO "A MILAGROSA"

A Deputación da Coruña, en liña coas políticas deseñadas no Plan xerontolóxico nacional, en concreto a de fomentar a creación de servizos sociais para persoas maiores enfermas e dependentes, e tendo en conta as características demográficas da provincia (elevado índice de envellecemento co conseguinte requirimento de servizos socio-sanitarios adecuados) acordou en 1998, mediante concurso público e prego de condicións, facer cesión do uso de parte das instalacións do antigo Colexio-fogar "A Milagrosa" (Servizo social de atención a menores precisados de tutela e protección, en consonancia coas vellas competencias provinciais que determinaba a anterior lexislación ).

Ao pasar a competencia sobre menores á Xunta de Galicia, o centro foi amortizando prazas ata a súa total extinción, polo que resultaba adecuado encontrar un novo destino ao edificio, no campo dos servizos sociais que actualmente suscitan maior demanda, como son os solicitados polo sector de maiores dependentes, servizos actualmente en auxe e crecemento, á vez que resultan creadores de emprego xa que precisan para o seu funcionamento de diversos profesionais cualificados.

Resolto o concurso, e adxudicada a cesión de uso das instalacións provinciais á Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados (UDP) da Coruña, asinouse o 17 de xuño de 1999, un convenio entre a Deputación e a citada asociación para establecer as condicións da cesión e as implicacións de cada parte.

A Deputación comprometíase non só á cesión temporal de uso das instalacións, situadas nunha parcela de 800 metros cadrados, senón tamén a entregalas coas reformas e adaptacións pertinentes e necesarias para adecualas ao fin a que se destinaban. A remodelación do edificio cedido, que consta de baixo e dúas plantas, importou para a Deputación un investimento de preto de 88.000.000 de pesetas.

Para a posta en marcha do Centro a Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña (UDP) contou con valiosas colaboracións dos seguintes organismos e entidades, público e privadas, como eficaz mostra de participado social :

  • Xunta de Galicia .
  • Universidade da Coruña.
  • CESGA.
  • Deputación Provincial da Coruña
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza.
  • Obra Social de Caixa Galicia

Para máis información dirixirse a:

www.centrolamilagrosa.org