Plan dos Servizos Sociais
O Plan de Acción ten como obxectivo dotar á Deputación dun marco estratéxico para o desenvolvemento das políticas de benestar na provincia en relación cos Concellos menores de 20.000 habitantes e coas entidades sociais do territorio. Este Plan de Acción está conformado por unha serie de documentos que sustentan e enmarcan o que será a política de benestar da Deputación da Coruña nos próximos anos.
A Diagnose da situación dos servizos sociais da provincia da Coruña é o primeiro dos traballos enmarcados no Plan de Acción. Na Diagnose achégase unha interpretación do contexto demográfico e socioeconómico do territorio como elemento fundamental para a construción conxunta dun novo modelo de política pública que dea resposta á evolución das necesidades sociais. Así, cóntase non só con datos fiables e actualizados sobre a realidade na que se vén traballando dende os departamentos de servizos sociais, senón dunha interpretación dos mesmos que permita deseñar medidas efectivas no camiño cara a construción de sociedades máis xustas e con maior benestar. A Diagnose está formada por 18 Diagnoses Comarcais e 1 Diagnose Provincial.
Dentro do Plan de Acción tamén se define un Marco Estratéxico de actuación, deseñado en base ós resultados dos espazos de reflexión xerados no proceso. No Marco Estratéxico determínase un marco conceptual para a interpretación da situación de partida da nosa sociedade e do modelo de política de benestar local que se está a implementar dende os Concellos e dende a Deputación da Coruña para, a partir da súa análise, establecer un novo modelo de política de benestar máis axeitado ó contexto social actual.
Por último, atópase a propia redacción do Plan de Acción, entendida como a ferramenta que contén os obxectivos estratéxicos a acadar pola política, as liñas estratéxicas de actuación da política de benestar e as medidas concretas que lle proporcionarán o contido operativo necesario para a súa consecución.
- Diagnose provincial
- Diagnoses comarcais
- Os Servizos Sociais Na Comarca Do Xallas
- Os Servizos Sociais Na Comarca Da Barbanza
- Os Servizos Sociais Na Comarca Da Barcala
- Os Servizos Sociais Na Comarca Da Coruña
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Bergantiños
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Arzúa
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Betanzos
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Ferrol
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Fisterra
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Melide
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Muros
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Noia
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Ordes
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Ortegal
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Santiago
- Os Servizos Sociais Na Comarca De Terra De Soneira
- Os Servizos Sociais Na Comarca Do Eume
- Os Servizos Sociais Na Comarca Do Sar
- Galerías Experiencias
- Marco Estratéxico
- Plan de acción