Estás en:Servizos Sociais Área de Diversidade Funcional

Área de Diversidade Funcional

O próximo día 9 de decembro de 2019 celebraremos na Sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial unha a xornada "Da diferenza á diversidade" na que contaremos con diferentes experiencias en relación coa diversidade funcional e a accesibilidade.

 PROGRAMA XORNADA DA DIFERENZA Á DIVERSIDADE

A xornada está dirixida a persoal municipal e persoal das entidades sen ánimo de lucro que traballen ou estén interesados/as nesta materia.

Podedes inscribirvos ata o día 5 de decembro ás 14.00 horas enviando un correo electrónico cos vosos datos ó enderezo paula.filgueiras@dacoruna.gal.

Animádevos a participar, contamos con vós!!!

 

A Deputación da Coruña a través do Servizo de Acción Social, Cultural e Deporte, leva a cabo un Programa de Fomento da Accesibilidade na Deputación Provincial de A Coruña. A finalidade é achegar o programa a todas as áreas e actuacións desenvolvidas por parte da Deputación Provincial da Coruña.

Este estudo aborda todos os tipos de accesibilidade (física, cognitiva e sensorial) co obxectivo de detectar as necesidades que ten a institución provincial e adoptar as medidas precisas que axuden a superar a situación de desigualdade.

Para acadar a Accesibilidade Universal, será de aplicación a normativa técnica UNE 170001 de accesibilidade universal segundo os criterios DALCO, que ten en conta a Deambulación (acción de desprazarse), Aprehensión (acción de asir ou tomar algunha cousa), Localización (identificación dun lugar ou momento onde sucede algo) e Comunicación (permitir o intercambio de información); aspectos que repercuten nas capacidades utilizadas nas actividades realizadas en diferentes espazos e contornas.

Tendo en conta estes criterios e que a accesibilidade é exixible en todos os ámbitos sen importar se o titular é un ente público, privado ou particular; preséntanse cinco áreas de vital importancia nas que aplicar a accesibilidade:

  • Accesibilidade no medio físico urbano
  • Accesibilidade na edificación
  • Accesibilidade na información e comunicación
  • Accesibilidade nos procesos de xestión
  • Accesibilidade no transporte

A desenvolver en varias fases, o programa consiste en analizar, valorar, informar-formar e proporcionar as ferramentas necesarias para a incorporación de criterios de accesibilidade universal nos diferentes departamentos da Deputación. Logo, trátase de proxectar e entender contornas, procesos, actividades, bens, produtos, servizos, obxectos, instrumentos, ferramentas e dispositivos de xeito que poidan ser utilizados por todas as persoas, independentemente do seu xénero, idade, capacidades ou cultura. Este proceso realizarase procurando a maior autonomía posible da persoa.

Para chegar a isto, a sociedade no seu conxunto ten a súa responsabilidade e, especialmente, os poderes públicos no seu labor por modificar contornas de modo que poidan ser utilizadas en igualdade de condicións por toda a cidadanía.

Para máis información poden consultar a páxina web do proxecto www.dicorunaaccesible.gal

Formación 4.2.JPGFormación 4.1.jpg
 Formación 5.33.JPG Formación 2.2.JPG

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Nas convocatorias de subvencións para entidades sen ánimo de lucro fináncianse as seguintes liñas de actuación:

SERVIZOS SOCIAIS NA ÁREA DE DIVERSIDADE FUNCIONAL

Códigos:

  • ED-1 Transporte adaptado
  • ED-2 Eliminación barreiras
  • ED-3 Centros residenciais
  • ED-4 Centros ocupacionais
  • ED-5 Centros de día
  • ED-6 Vivendas comunitarias e apartamentos tutelados
  • ED-7 Tratamentos de rehabilitación
  • ED-8 Respiro familiar
  • ED-9 Centros especiais de emprego
  • ED-10 Programas de inserción laboral que inclúan itinerarios personalizados, accións de formación específica, atención e seguimento individualizado.
  • ED-11 Programas de acción tutelar

 

CONCESIÓNS

Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.A.X.E. (mantemento de servizos sociais) dos últimos anos nas seguintes ligazóns:

ANO 2017

ANO 2016

ANO 2015

ANO 2014

Pode consultar as concesións de subvencións do programa F.O.I.E. (investimento de servizos sociais) dos últimos  anos nas seguintes ligazóns:

ANO 2017

ANO 2016

ANO 2015

ANO 2014