Estás en:Lingua Malas linguas
Mala lingua: 1 Propensión a murmurar ou calumniar.Ten mala lingua, se non fala mal dos demais non lle vai ben. 2 Persoa que murmura ou calumnia.É un mala lingua, non lle fagas caso.
(Dicionario da Real Academia Galega)

 

Pódese calumniar a unha lingua? Hai linguas malas ou boas? Hai linguas bonitas ou feas; útiles ou inútiles? Poden as linguas ser poderosas ou desposuídas?

O galego precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI. Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organiza as xornadas Malas linguas, unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do galego.

Este é o dobre obxectivo destas xornadas promovidas pola Deputación: crear un espazo de diálogo no que entender de onde vimos e imaxinar cara onde queremos ir. Por isto, están dirixidas principalmente ás persoas que traballan no ámbito da normalización lingüística e das políticas públicas.

As xornadas celebraranse ao longo de catro días, entre outubro de 2018 e novembro de 2019, nos que se traballará especificamente a relación entre a lingua e as políticas públicas, a memoria, a transmisión non familiar e os xéneros.

Ata o 18 de outubro pódeste inscribir aquí

Xornadas

Lingua, discurso e políticas públicas

Cando: 23 de outubro de 2018 Onde: Pazo de Mariñán (Bergondo)

Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua

Cando: 29 de novembro de 2018 Onde: A Coruña (Proximamente)

Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua

Cando: 1 de marzo de 2019 Onde: Santiago de Compostela (Proximamente)

Lingua e xéneros

Cando: 12 de abril de 2019 Onde: A Coruña (Proximamente)