Valoración do complemento de destino, RPT 2022 e Teletraballlo
A proposta presentada por CCOO na Comisión de Valoración do Complemento de Destino significaría o incremento dun nivel, mentres que a proposta de Carreira Profesional presentada conxuntamente por CIG, UGT e CCOO (acordado 30 de abril de 2019) suporía a incorporación dun novo complemento salarial
O pasado venres, cinco de novembro de 2021, ás 13:00 h. desenvolveuse a Mesa Xeral de Negociación para a aprobación do Cadro de Persoal, Relación de Postos de Traballo (RPT), organigrama e partidas de acción social para o ano 2022.
CCOO insta á a Corporación a comezar a negociación para acadar un Regulamento de Teletraballo na maior brevidade posible, algo que xa teñen acadado outras administracións como a Deputación de Pontevedra. Na mesa de negociación de xuño, tanto CIG, como UGT e CCOO solicitamos comezar a dita negociación logo de ter achegadas as nosas propostas de teletraballo meses atrás. Diante desta solicitude, o Deputado de persoal pediu un tempo para recoller información dos distintos servizos. En CCOO consideramos que xa pasou un tempo máis que prudencial e corresponde iniciar axiña co regulamento de teletraballo, unha vez finalizou a negociación dos presupostos e a RPT e así o solicitamos no punto do día de rogos e preguntas na mesa de negociación.
CCOO acorda coa Corporación realizar a Valoración do Complemento de Destino e a Carreira Profesional segundo permita a normativa vixente. Aínda que non compartimos completamente, apoiamos a RPT e os orzamentos a cambio do compromiso do Deputado de persoal de reactivar os temas que quedaron pendentes no anterior mandato. Ao igual que aconteceu o ano pasado vinculamos o noso apoio á proposta da
Corporación a cambio de obter melloras para o persoal; si o ano pasado conseguimos evitar o recorte do 50% das partidas económicas para o desenvolvemento da Carreira Profesional e a Valoración do Complemento de Destino, nesta ocasión vinculamos o noso apoio ao compromiso de executar ambos asuntos que están pendentes de desenvolver dende mediados de 2019.
A nova RPT inclúe os seguintes cambios: créase no departamento de fabricación mecánica do IES Rosalía Mera unha praza de Profesor/a de secundaria (A1) e outra de Profesor/a técnico (A2); transformase unha praza de Axudante de arquivo e biblioteca nunha Xefatura de negociado na biblioteca. Transformase na biblioteca unha praza de Técnico de arquivo e biblioteca (A1) en Axudante de arquivo e biblioteca (A2), asemade engádese o factor de atención ao público a un posto de administrativo; transformase unha praza de administrativo/a no arquivo en auxiliar técnico/a de arquivo (C1 19); transfórmanse, no fogar infantil Emilio Romay dous prazas de Auxiliar educador/a (C2) e unha praza de Celdador/a (AP) en Educador/a infantil (B); Transfórmanse no centro de día de menores de Ferrol unha praza de Celdador/a (AP) en Administrador/a (A1) e tres prazas de Auxiliar educador/a (C2) en dous de titor/a (B) e unha de Educador/a (A2). Asemade realizase algún cambio menor para a adecuarse á realidade.
A proposta presentada por CCOO na Comisión de Valoración do Complemento de Destino significaría o incremento dun nivel, mentres que a proposta de Carreira Profesional presentada conxuntamente por CIG, UGT e CCOO (acordado 30 de abril de 2019) suporía a incorporación dun novo complemento salarial. En relación a proposta presentada por CCOO diante da Comisión de Valoración do Complemento de Destino o 12 de abril de 2019, o incremento dun nivel se adoptaría para todos os postos que non se atopan no máximo legal, mentres que para os postos de niveis baixos ou os que se atopan desaxustados con outros postos similares o incremento sería de varios niveis. En canto a proposta presentada conxuntamente por CIG, UGT e CCOO, que son os únicos sindicatos con presenza na Mesa Xeral de Negociación, cabe destacar que significaría o cobro de cantidades importantes en función da antigüidade como recoñecemento ao esforzo e dedicación desenvolvido polo persoal.
