Estás en:Novas
CCOO insta, por enésima vez, á Corporación a que cumpra co seu compromiso de aprobar un regulamento de teletraballo como está a acontecer noutras administracións próximas

A Corporación dificulta a Promoción Vertical na modificación da RPT 2022 e Teltetraballo

CCOO presentará alegacións á RPT no caso de que o pleno modifique as condicións salariais de diversas prazas saltándose á Comisión de Valoración de Postos de Traballo

A Corporación dificulta a Promoción Vertical na modificación da RPT 2022 e Teltetraballo

O mércores, 23 de febreiro de 2022, desenvolveuse reunión da Mesa Xeral de Negociación para aprobar, no segundo mes do ano, a modificación da RPT. CCOO votou en contra, CIG abstívose e UGT non se quixo pronunciar.

Lamentablemente a proposta da Corporación dificulta a promoción vertical do persoal abrindo xefaturas a outras administracións, incluso de sección. A devandita actuación é rexeitada profundamente pola Sección Sindical de CCOO porque entendemos que o persoal da Deputación ten máis que demostrada a súa capacidade, experiencia e coñecementos como para non ser necesario "fichar" persoal doutras administracións. Por iso defendemos que as xefaturas e postos de responsabilidade na Deputación sexan ocupados por persoal da casa.

CCOO presentará alegacións á RPT no caso de que o pleno modifique as condicións salariais de diversas prazas saltándose á Comisión de Valoración de Postos de Traballo. Asemade da apertura de xefaturas a outras administracións comentada anteriormente, a Corporación establece unilateralmente dedicacións exclusivas nunha xefatura de sección e outra de negociado. En CCOO non estamos a rexeitar as ditas dedicacións senón que consideramos que a modificación do Complemento Específico debe valorarse, mediante os factores establecidos, na Comisión de Postos de Traballo de maneira global, conxunta, sistemática e obxectiva para evitar distorsións, incoherencias ou iniquidades. Semella un fraude de lei que a Corporación cambie unilateralmente as condicións salariais duns poucos postos de traballo que xa foron valorados no ano 2017 saltándose a Comisión Técnica de Valoración de Postos de Traballo e por tanto sen unha motivación técnica que acredite o dito cambio. Mais aínda cando a Corporación comprometeuse na anterior mesa de negociación a valorar os complementos de destino en cumprimento co acordo plenario, así como os complementos específicos nos postos que se vexan modificadas as súas funcións ou condicións laborais.

Aprobada por unanimidade a proposta da Corporación da resolución relativa a vacacións coa mellora solicitada por CCOO. Trátase dunha resolución que unifica a diversa normativa existente neste asunto, ao estilo da resolución de función pública da Xunta de Galicia. O punto dous da resolución establece que "Polo menos, a metade das vacacións deberán ser gozadas preferentemente entre os días 1 de xuño a 30 de setembro" igual que recolle o de función pública. Dende CCOO expuxemos que o Acordo Negociado do persoal funcionario da Deputación (aínda que moi antigo, vixente) establece o goce de todas as vacacións no período de verán e por tanto a resolución non pode menoscabar un dereito recollido no Acordo Negociado. Tanto a Corporación, como o resto de centrais sindicais apoiaron a nosa proposta.

Asemade, falouse sobre o cambio de sistema de vacacións no Fogar Infantil Emilio Romay. Dende CCOO denunciamos que foi establecido unilateralmente sen tan sequera informar ao persoal. Por outra banda, consideramos que non se adapta á resolución recen aprobada nin ao Acordo Negociado, por tanto solicitamos que se retire para establecer un que cumpra estritamente co Acordo Negociado e a nova resolución, unha vez sexa efectiva, así como que se informe ao persoal con suficiente claridade.

CCOO insta, por enésima vez, á Corporación a que cumpra co seu compromiso de aprobar un regulamento de teletraballo como está a acontecer noutras administracións próximas, como por exemplo Oroso, A Coruña, Pontedeume, Ferrol, Culleredo, Narón, Vedra, Ames... que xa teñen referenciados no BOP os seus regulamentos e noutras Deputacións como a de Pontevedra. Nesta ocasión o fixemos mediante un rogo na mesa xeral, indicando que a pesar de ser moitos os meses de atraso, e que as distintas centrais sindicais fai tempo que temos presentadas as nosas propostas de regulamento, a Corporación aínda non se dignou a preparar a súa proposta e moito menos iniciar a negociación formal. Situación que debe ser revertida de inmediato.