Estás en:Novas

César Antonio Molina foi nomeado Cunqueiriano de Honra do ano 2022

César Antonio Molina foi nomeado Cunqueiriano de Honra do ano 2022

"Cada vez que nos encontrábamos, Cunqueiro me traía alguno de sus libros dedicados con la promesa de que los guardara, pero no los leyera [...] Cuando vislumbró mis inclinaciones literarias, me las desaconsejó por su ingratitud y me recomendó, como hombre de orden que era, ser notario o registrador, profesiones más honorables y seguras. Era un gran escéptico al que traicionaba su vehemencia por cuanto iba relatando. Meses después de que le dieran el Nadal por "Un hombre que se parecía a Orestes", regresó a A Coruña para dar otra de sus conferencias. Lo esperé, como siempre en el Galicia. Tenía su novela preparada y varias preguntas para hacerle una entrevista para una revista escolar que se llamaba "Nova Xente". Cunqueiro no disimuló su disgusto por mi desobediencia, zanjó rápidamente la charla y salimos a todo correr por algunas de las habituales rutas de la vieja Marineda... "

Molina, César Antonio: "La luz de las ciudades sumergidas". En: "Álvaro Cunqueiro, 1911-1981" : [exposición], del 22 de abril al 1 de junio de 2003, Sala Juana Mordó, Círculo de Bellas Artes de Madrid

César Antonio Molina foi nomeado Cunqueiriano de Honra do ano 2022 polo Concello de Mondoñedo e Casa Museo Álvaro Cunqueiro; e desde a Biblioteca Provincial non podemos facer outra cousa que alegrarnos por tan merecidísimo galardón.

A relación de ambos remóntase aos anos 70, cando Álvaro Cunqueiro visitaba A Coruña para dar unhas conferencias na Asociación Cultural Iberoamericana (ACI) e un novísimo César Antonio Molina era o encargado de acompañalo desde o Café Galicia ata o seu destino. "Cunqueiro abrió mis ojos a la literatura", diría máis tarde o xoven escritor. Álvaro Cunqueiro axudoulle nos seus inicios na arte das letras: el foi o que escribiu a primeira crítica do seu primeiro libro de poemas, "Épica", no Faro de Vigo, baixo o seu pseudónimo máis querido, Álvaro Labrada.

A admiración de César Antonio Molina por Álvaro Cunqueiro levarao a recompilar, seleccionar, publicar, traducir e difundir compilacións das súas obras en diversas edicións "El pasajero en Galicia", "Hierba de aquí o allá", "La Bella del dragón", "Viajes imaginarios y reales", "Los otros caminos", "Poesía en gallego completa", "Antología poética"... son soamente algúns deses títulos. En "De santos y milagros" mesmo se publicarían sete contos inéditos, que doutra maneira serían esquecidos. A isto hai que sumarlle unha infinidade de artigos, de palabras reivindicando a súa figura, de actos na súa memoria...

César Antonio Molina quixo levar a figura de Cunqueiro por todo o orbe, primeiro en Madrid, cando na súa época como director do Círculo de Belas Artes celebrouse a exposición "Álvaro Cunqueiro, 1911-1981" e posteriormente en Damasco, lugar no que a biblioteca de Damasco do Instituto Cervantes pasou a chamarse "Biblioteca de Álvaro Cunqueiro", baixo a súa dirección.

Páxinas suxeridas