Estás en:Novas

Nova lectura no club dixital: Fin de temporada

Nova lectura no club dixital: Fin de temporada

Dende o 10 de marzo xa podes unirte á lectura da obra «Fin de temporada» de Ignacio Martínez de Pisón, unha novela sobre a forza, a veces envelenada, dos lazos de sangue; sobre segredos familiares que fan que cada xeración se vexa abocada a repetir certos erros, e sobre cómo saber nos transforma noutras persoas.
Desde o propio club de lectura dixital podes tomar en préstamo o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.

«Unha estrada xunto á fronteira de Portugal, xuño de 1977. Juan e Rosa, apenas adolescentes, teñen cita nunha clínica abortista clandestina, pero un accidente impediralles chegar ao seu destino. Case vinte anos despois, Rosa e o seu fillo Iván comezan o que será o proxecto da súa vida, a recuperación dun cámping na Costa Dourada, no outro extremo da península. Desde que Iván naceu viviron en diferentes lugares, sempre de forma provisional, sempre sós, fuxindo dun pasado que non tardará en alcanzalos.

Ignacio Martínez de Pisón traza personaxes memorables e unha relación nai e fillo extraordinaria nesta historia que percorre case un cuarto de século e descóbrenos que o pasado non resolvido é unha trampa vital aínda que tentemos ignoralo, ou precisamente por iso.»