Estás en:Novas

Día da literatura infantil

Día da literatura infantil

O 2 de abril celébrase a nivel mundial o Día da literatura infantil, conmemoración impulsada polo IBBY (International Board on Books for Young people) coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen.

Cada ano é unha das seccións nacionais a que se encarga de patrocinar o día a través dun escritor e dun ilustrador representativo do país. No 2022 o encargado é Canada, que elixiu a mensaxe do escritor Richard Van Camp e a ilustración de Julie Flett para honrar este día, co título «As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día». A elección dos dous protagonistas non é casual, xa que ambos son indíxenas e amplamente galardoados, o cal transmite unha mensaxe poderosa.

A Biblioteca súmase tódolos anos á celebración. Deixámosvos a continuación as accións de promoción do día:

Programa Día da literatura infantil e xuvenil.png

  • MENSAXE DE RICHARD VAN CAMP

Lemos para vós neste vídeo algunhas das frases do escritor deste ano:

  • OBRADOIRO DE AGAMOGRAPH (ILUSIÓNS VISUAIS)

Venres 1 de abril ás 18:00 h. Para socios e socias de 7 a 12 anos.
Inscrición: a partir do luns 28 de marzo no teléfono 981 080 171 en horario: 11:00 a 13:00 h e 18:00 a 20:00 h.

  • GUÍA DE LECTURA DE LITERATURA INFANTIL

Desde a Bebeteca preparamos unha guía de lectura con recomendacións para varias idades. Preme na seguinte ligazón para vela enteira: Guía de lectura 2 de abril

  • BOOKFACEFRIDAY DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Os BookFaceFriday é un xeito de facer recomendacións de libros para estas idades completando as imaxes das portadas dos libros con persoas reais, facendo así máis chamativos libros que doutro xeito pasarían desapercibidos. Publicamos estas imaxes todos os venres do ano no Instagram e Twitter da Biblioteca. Este mes, todos están formados por libros de literatura infantil e xuvenil. Velaquí o primeiro exemplo:

bookfacefridayinfantilexuvenil.jpg

  • LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA EBIBLIODACORUNA

As novas xeracións, xa nativas dixitais, atopan moitas veces máis atractiva a lectura se a poden conseguir desde o seu dispositivo en calquera momento alí onde se atopen. A inmediatez do acceso, a posibilidade de personalización de letra ou tamaño, a variedade para a escolla, a ausencia de restricións de horario para o acceso aos recursos, entre outros, son aspectos que fan atractivo o formato dixital para este grupo de lectores e lectoras.

Por iso, na EbiblioDaCoruna sempre temos dispoñibles algunhas das últimas novidades en literatura infantil e xuvenil. Accede ao catálogo coas túas claves dixitais e proba!

Páxinas suxeridas