Estás en:Novas

A Deputación financia con 200.000 euros a renovación da rede de abastecemento e do firme en Outeiro, Sombreu

O pleno aprobou o convenio que permitirá substituír un tramo da rede xeral do municipio que conta cunha antigüidade superior a 40 anos e require dunha renovación

As obras inclúen a execución dunha nova rede e a renovación total do pavimento nos tramos onde se levarán a cabo os traballos

A Deputación financia con 200.000 euros a renovación da rede de abastecemento e do firme en Outeiro, Sombreu

A Deputación da Coruña aprobou no pleno do pasado venres, 27 de maio, un convenio co Concello de Miño polo que o ente provincial financiará o proxecto para a renovación da rede de abastecemento e do firme en Outeiro, Sombreu.

A actuación, que conta cun orzamento de 200.377,84 euros, e que está financiada ao 100% con fondos provinciais, permitirá substituír un tramo da rede xeral de auga do municipio que, ao ter unha antigüidade superior a 40 anos, sufre roturas tódolos anos, case sempre na época de verán, e require dunha renovación urxente.

As obras a levar a cabo inclúen a substitución da rede actual de fibrocemento por unha de fundición e a renovación total do pavimento nos tramos onde se levarán a cabo as obras. O prazo de execución estímase en 2 meses desde o inicio dos traballos.