CCOO acorda coa Corporación reducir a xornada en Semana Santa e modificación da RPT
Este avance (aquí tes a soclicitude presentada) nas condicións laborais vén precedido doutras melloras acadadas por CCOO durante os últimos anos, como a recuperación do A44, a ampliación do horario de verán ou a implantación do horario de Nadal

O pasado mércores, 22 de marzo de 2023, reuniuse a Comisión de Valoración de Postos de Traballo para revisar o Complemento Específico de certos postos de traballo tal e como se tiña comprometido o Deputado de persoal. Hoxe, unha semana despois, a Mesa Xeral de Negociación ratifica os cambios propostos na dita comisión que serán levados ao Pleno de abril para a súa aprobación polos distintos grupos políticos.
Modificación da RPT para incorporar a valoración do específico para a maioría dos postos que non puideron mellorar na valoración do Complemento de Destino. Ao igual que aconteceu na comisión, a proposta da Corporación contou co apoio de CCOO. Aínda que apostabamos por cambiar o específico a todos os postos que non melloraron o complemento de destino, así como de outros colectivos que presentaron a súa demanda. Lamentablemente non foi posible acadar todos os cambios que desexabamos, mais a Corporación deixou aberta a posibilidade a desenvolvelos na seguinte modificación de RPT.
CCOO acorda coa Corporación reducir a xornada en semana santa nunha hora, para mellorar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante o período non lectivo marcado pola Xunta de Galicia que neste ano discorre do luns 3 ao luns 10 de abril, ambos inclusive, tal e como establece a Orde de 20 de maio de 2022 da Consellería de Educación. Achegamos solicitude presentada por CCOO.
Este avance nas condicións laborais ven precedido doutras melloras acadadas por CCOO durante os últimos anos, como a recuperación do A44, a ampliación do horario de verano ou a implantación do horario de Nadal. Todas estas actuacións foron froito do constante e fluído dialogo coa Corporación e derivaron dos distintos procesos de negociación. Así, día a día CCOO non so acada melloras retributivas, como aconteceu primeiro coa produtividade e posteriormente, tanto co Complemento Específico, como co Complemento de Destino, senón que tamén mellora as túas condicións laborais.
Ante as peticións dos tres sindicatos representados na mesa de negociación, o Deputado de persoal comprometeuse á implantación no seguinte mandato da Carreira Profesional. En todo caso, o cumprimento deste compromiso dependerá da continuidade do Deputado no seu cargo, así como da regulación normativa (acaba de comezar a súa tramitación parlamentaría e posteriormente terá que desenvolverse nun regulamento).
Na mesa de negociación solicitamos unha vez máis a implantación do Teletraballo.