Estás en:Novas
Talleres de pintura impartidos por Luisa Valdés

Obradoiros artísticos de pintura: catro historias, catro animais e catro artistas


Achégase o verán, tempo de tempo de descanso, paseos, e se hai sorte, sol e praia. E tamén tempo dun dos vosos cursos favoritos, os obradoiros artísticos de pintura.

Obradoiros artísticos de pintura: catro historias, catro animais e catro artistas

Idade: de 7 a 14 anos.
Duración: 1 semana a elixir.
Horario: de 11:00 a 13:00 horas.
Prazas: 12 nenos/as por semana.
Lugar: Sala Manuel López
Prazo de inscrición: comeza o 15 de xuño ás 10:30 h. Inscríbete AQUÍ

Semanas a elixir:

  • • 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño
  • • 3, 4, 5, 6 e 7 de xullo
  • • 10, 11, 12, 13 e 14 de xullo
  • • 17, 18, 19, 20 e 21 de xullo
  • • 24,26, 27 e 28 de xullo

Nesta ocasión a sección xuvenil da biblioteca preparou uns obradoiros centrados nestes catro elementos:

  • A mosca – Margaretha Haverman
  • Os peixes – Palacio de Knossos
  • O rinoceronte – Durero
  • O león – Thorvaldsen

A páxina para inscribirse nos talleres activarase o 15 de xuño ás 10:30 h da mañá.

Poden inscribirse todos os socios/as na web que atoparás picando aquí.
Comprobar antes que o carné está vixente.

Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.

Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)

Os cursos son totalmente gratuítos.

En caso de non poder asistir, por favor comunícao á biblioteca para poder cubrir a praza coa listaxe de agarda. A falta de asistencia leva a perda de praza.

Para contactar coa biblioteca, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal