Obradoiros artísticos de pintura xuño-xullo 2022
Impartidos por Luisa Valdés para nenos e nenas a partir de 9 anos.
Duración de 1 semana a elixir entre as seguintes:
• 27, 28, 29, 30 de xuño e 1 de xullo
• 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo
• 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo
• 18, 19, 20, 21 e 22 de xullo
• 26, 27, 28 e 29 de xullo
Realizaranse en horario de 11:00 a 13:00 h na Sala Manuel López.
10 prazas por semana.
Poden inscribirse todos os socios/as nesta páxina web a partir do 15 de xuño ás 10:30 h da mañá.
Reservarase unha praza por neno/a (agás irmás/áns)
Ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico.
Os cursos son totalmente gratuítos.
En caso de non poder asistir, por favor comunicalo á biblioteca para poder cubrir a praza coa lista de espera.
Para contactar coa biblioteca, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal
Recoméndase o uso da máscara.