Estás en:Biblioteca Actividades

Actividades

Actividades

Inscrición nas actividades para persoas adultas

 1º semestre de 2023

Taller de Ilustración


Impartido por Xosé Cobas, para mocidade e persoas adultas a partir de 15 anos.
Os martes e xoves de 18:00 a 20:00 h.
Data de inicio: 2 de maio. 7 sesións.
15 prazas.

Nivel iniciación.

De balde, para persoas socias da Biblioteca.
Lugar: Sala de actividades Manuel López. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.
Inscrición: a partir do 11/04 ás 10:30 h

Para calquera dúbida, chame ao 981 080 176 ou escriba a biblioteca.info@dacoruna.gal.

ACTIVIDADE COMPLETA. Contactaremos coas persoas admitidas.

Lectura de poesía moderna do século XX.

Impartido por Xoán Abeleira. 12 sesións. Os mércores de 19:00 a 20:30 h. 15 prazas. Comeza o 1 de marzo. Gratuíto. Para socios/as.

Inscrición: comeza o 15 de febreiro ás 10:30 h premendo aquí. A inscrición continuará aberta ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda. Nuns días, enviarase a todas as persoas que se inscribiron a listaxe coas persoas que obtiveron praza.

Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.info@dacoruna.gal.

 

Taller de libros extraordinarios.

Impartido por Xoán Abeleira. 12 sesións. Os luns de 19:00 a 20:30 h. 15 prazas. Comeza o 6 de marzo. Gratuíto. Para socios/as.

Inscrición: comeza o 15 de febreiro ás 10:30 h premendo aquí. A inscrición continuará aberta ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda. Nuns días, enviarase a todas as persoas que se inscribiron a listaxe coas persoas que obtiveron praza.

Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.info@dacoruna.gal.

 

Club de lectura en liña EbiblioDaCoruna Club Lector.

Programación do club de lectura virtual para o período febreiro-xuño de 2023, ao que poden acceder todas as persoas lectoras socias de bibliotecas municipais da provincia, e tamén da Biblioteca da Deputación:

  • 28 febreiro - 14 marzo: "Pura pasión" de Annie Ernaux
  • 8 marzo - 24 marzo: "Ninguén morreu de ler poesía" de Aldaolado
  • 16 marzo - 20 abril: "Herejes" de Leonardo Padura
  • 24 abril - 19 maio: "Francisco Fernández del Riego: vida e obra dun obreiro do galleguismo" de Ramón Nicolás
  • 16 maio - 2 xuño: "Corazón que ríe, corazón que llora" de Marysé Condé
  • 30 maio - 30 xuño: "Un señor elegante" de Suso de Toro

Para acceder, só é preciso ter as claves da EbiblioDaCoruna e identificarse con elas aquí: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/

Se aínda non tes as túas claves, podes solicitalas de balde enchendo e enviando o formulario que atoparás premendo aquí

 

Talleres de literatura

Impartidos por Patricia Cernadas.

Reanúdase a actividade a semana do 6 de marzo. Para anotarse en lista de agarda para posibles vacantes, chamar ao 981 080 171 en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 h, e de 17:00 a 20:30 h.

De luns a xoves (a escoller un día)
De marzo a xuño do 2023
Horario: 17:00-19:00 h
Prazas: 20 cada grupo / Presencial

 

Raiña lupa.jpg

O club de lectura sen complexos nin etiquetas que naceu en 2022 ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña

'Non hai idade, hai literatura' é a filosofía da que parte este club de lectura, para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.

Está coordinado polo gañador da última edición do Premio, Lois Pérez, e participarán destacadas autoras e autores da LIX en galego.

Serán un total de 6 sesións (tres en primavera e tres no outono) o penúltimo venres do mes ás 18:00 h (marzo, abril e maio – setembro, outubro e novembro).

Terá lugar na Biblioteca provincial da Coruña baixo inscrición previa e está aberto tanto ao público máis novo como a calquera persoa adulta -nais, pais, irmáns, docentes, bibliotecarias- que desexe compartir experiencia lectora cos máis novos e novas.

Ofertaremos 25 prazas.

 

Calendario e lecturas:

- Venres 24 de marzo: Antía Yáñez – "Plan de rescate"

- Venres 21 de abril: Miguel López (El Hematocrítico) – "Dona Problemas"

- Venres 19 de maio: Marilar Aleixandre – "Nogard"

- Venres 22 de setembro María Reimóndez – "Cobiza"

- Venres 20 de outubro (18.30 h): Eva Mejuto – "A ladroa da biblioteca de Meirás"

- Venres 17 de novembro: Lois Pérez – "A tribo do mar"

 Inscrición

 

Inscrición no Club da Raíña Lupa (menores de idade)

Inscrición no Club da Raíña Lupa (maiores de idade)

A biblioteca da Deputación da Coruña ofrece visitas guiadas para escolares, mozos e grupos de adultos pertencentes a algún colectivo ou institución.

Ademais de coñecer as nosas instalacións, a visita pretende amosar todos os servizos, coleccións e actividades que ofrece a biblioteca. As visitas adecúanse ás necesidades e características de cada grupo, para que cada un encontre o seu sitio na biblioteca.

  • Se quere unha visita de adultos pode solicitalo enviando un correo electrónico a: biblioteca.info@dacoruna.gal no que se indique o número de persoas, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto. Tamén pode solicitar a visita chamando ao número de telefono: 981 080 176.

 

  • A Bbtk Infantil e a Biblioteca Xuvenil da Deputación da Coruña ofrecen visitas guiadas a grupos escolares de idades comprendidas entre os 2 e os 17 anos. Con estas visitas preténdese que os nen@s coñezan como é unha biblioteca e as posibilidades que lles ofrece.

 

- No caso da Bbtk Infantil (hasta os 9 anos), trátase dunha actividade interactiva na que os nen@s están en todo momento en contacto cos libros: móstranselles diferentes tipos de materiais, resolven dúbidas... Ao final da visita permíteselles aos nenos moverse libremente pola biblioteca escollendo por si mesmos os libros que desexen. A visita terá unha duración de 45 minutos. Se está interesado en participar nesta actividade pode solicitalo enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: biblioteca.bebeteca@dacoruna.gal indicando o número de grupos, a súa idade, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto.  Tamén pode solicitar a visita se chama ao número de telefono: 981 080 174 

No tocante á Biblioteca Xuvenil (de 9 a 17 anos), o alumnado fará un percorrido polas distintas seccións da biblioteca e descubrirán os fondos especiais, raros e curiosos de acceso restrinxido. A visita concluirá na sección Xuvenil. A duración da visita será de hora e media. Así mesmo, tamén se ofrecen visitas guiadas para alumnado de ciclos superiores ou universitarios con estudos relacionados coa infancia e/ou os libros. Se está interesado en participar nesta actividade pode solicitalo enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal indicando o número de grupos, a súa idade, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto. Tamén pode solicitar a visita se chama ao número de telefono: 981 080 171