De cero a dezaoito
Bbtk Infantil
- Localización: está situada no segundo andar do edificio da Biblioteca da Deputación da Coruña, na rúa Rego de Auga, 37 (edificio do Teatro Rosalía de Castro)
- Contacto: Teléfono: 981 080 174 / Correo electrónico: biblioteca.bebeteca@dacoruna.gal
- Horario de atención ao público da Bbtk Infantil: De luns a venres de 14.30 a 20.30 h. Sábados: pechado
Biblioteca Xuvenil
- Está situada no andar cero do edificio da Biblioteca da Deputación da Coruña, na rúa Rego de Auga, 37 (edificio do Teatro Rosalía de Castro)
- Teléfono: 981 080 171
- Correo electrónico: biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal
- Horario de atención ao público:
De luns a venres:
Mañás: 10.30 – 13.30 h. Tardes: 17.00 – 20.30 h.
Sábados : 10.30 – 12.00 h. (Actividades) 12.00 – 13.30 h. ( Atención ao público)
Que me ofrece a biblioteca ?
- Poder ler, facer traballos ...
- Poder levar a casa libros, cómics, música, revistas, películas, xogos de ordenador...
- Reservar o material que che interesa que está prestado
- Resolver calquera dúbida que teñas.
- Participar nas actividades que se realizan ao longo do ano.
- Acceder a internet. (Bilblioteca Xuvenil)
- Xogar á Play Station 3. (Biblioteca Xuvenil)
- Facer fotocopias (respectando os dereitos de autor)
Que podo levar en préstamo?
Se tes o carné de socio da Bbtk Infantil ou da Biblioteca Xuvenil podes levar todo menos enciclopedias, diccionarios e libros que teñan pezas e/ou pilas.
E cantos?
Como máximo 3 libros, 1 revista, 2 DVD, 1 CD-ROM e 1 CD.
Canto tempo?
Durante 15 días renovables outros 15 sempre que non te pases da data.
Para renovar tes tres opcións:
- Acudir á biblioteca.
- Chamar por teléfono: 981.080.171 para a Biblioteca Xuvenil e 981.080.174 para a Bbtk Infantil.
- A través do catálogo, na web, desde o apartado acceso a miña conta.
Que pasa se me atraso ao devolver algo?
Pois que serás sancionado sen poder levar nada para casa tanto tempo como o que te atrasaches.
E se perdo ou estrago o material?
Terás que mercar outro igual.
E por último...
Para poder gozar da Biblioteca debemos coidar o material, non molestar aos demais e non comer nin beber na sala.
CARNÉ DA BIBLIOTECA PROVINCIAL_Infancia e Mocidade
Para obter o carné da biblioteca en liña podes facelo enchendo o seguinte formulario
Para obter o carné de infantil e xuvenil de xeito presencial é preciso:
- Encher a solicitude na Bbtk Infantil( para menores de 8 anos) no 2º andar da biblioteca
- Encher a solicitude na Biblioteca Xuvenil (de 9 a 18 anos) na planta baixa da biblioteca
- O interesado achegará 1 fotografía tamaño carné
- O pai/nai ou titor/titora unha fotocopia do D.N.I.
Para darse de alta ao mesmo tempo no servizo da EbiblioDaCoruna, terás que encher o formulario
Na Bbtk Infantil e na Biblioteca Xuvenil podes atopar libros, películas, música, xogos de ordenador, revistas...
A distribución na Bbtk Infantil fíxose atendendo a:
- Tipo de material: libros, películas, música, xogos de ordenador, revistas
- Contido: información, narrativa, poesía, teatro
- Idade para a que están recomendados:
Na Bbtk Infantil están as cores:
- Rosa (para nenos e nenas ata os 3 anos)
- Zoo: con libros de animais
- Bebé: con libros que tratan sobre o corpo e as emocións do cativos
- Aprender: onde atopamos os libros de números, cores, formas...
- Xogar: con libros de sons, quebracabezas, solapas...
- Mundo: con libros sobre o ámbito que rodea os pequechos.
- Te cuento: onde estarían os contos propiamente ditos
- Azul (para nenos e nenas de 3 a 7 anos)
- Vermello: para nenos/as de 7 a 9 anos
E na Biblioteca Xuvenil atopamos as cores:
- Verde: para nenos/as de 9 a 11 anos
- Amarelo: para nenos/as de 12 a 14 anos
- Morado: para mozos/as de 15 a 18 anos
17 de Maio. Día das Letras Galegas (BBTK)
9 de Maio. Día de Europa (BBTK)
OBRADOIROS DE PLASTILINA EN LIÑA
Obradoiro de plastilina. Megatronca (BBTK)
Obradoiro de plastilina. O Capitán Calzoncillos (BBTK)
Obradoiro de plastilina. A ovelliña que veu cear (BBTK)
Obradoiro de plastilina. Xela Arias (BBTK)
Obradoiro de plastilina. Batman (BBTK)
Obradoiro de plastilina. Harry Potter (BBTK)
Obradoiro de plastilina. Pinocho (BBTK)
Obradoiro de plastilina. A que sabe a lúa? (BBTK)
Obradoiro de plastilina. Naturizo (BBTK)
Obradoiro de plastilina. A mellor sopa do mundo (BBTK)
Obradoiro de plastilina. Ramona Órbita (BBTK)
Obradoiro de plastilina. Os tres porquiños (BBTK)
- Abracadabra Nº53
- Abracadabra Nº52
- Abracadabra Nº51
- Abracadabra Nº50
- Abracadabra Nº49
- Abracadabra Nº48
- Abracadabra Nº47
- Abracadabra Nº46
- Abradacadabra especial confinamento
- Abracadabra Nº45
- Abracadabra Nº44
- Abracadabra Nº43
- Abracadabra Nº42
- Abracadabra Nº41
- Abracadabra Nº40
- Abracadabra Nº39
- Abracadabra Nº38
- Abracadabra Nº37
- Abracadabra Nº36
- Abracadabra Nº35
- Abracadabra Nº34
- Abracadabra Nº33
- Abracadabra Nº32
- Abracadabra Nº31
- Abracadabra Nº30
- Abracadabra Nº29
- Abracadabra Nº28
- Abracadabra Nº27
- Abracadabra Nº26
- Abracadabra Nº25
- Abracadabra Nº24
- Abracadabra Nº23
- Abracadabra Nº22
- Abracadabra Nº21
- Abracadabra Nº20
- Abracadabra Nº19
- Abracadabra Nº18
- Abracadabra Nº17
- Abracadabra Nº16
- Abracadabra Nº15
- Abracadabra Nº14
- Abracadabra Nº13
- Abracadabra Nº12
- Abracadabra Nº11
- Abracadabra Nº10
- Abracadabra Nº9
- Abracadabra Nº8
- Abracadabra Nº7
- Abracadabra Nº6
- Abracadabra Nº5
- Abracadabra Nº4
- Abracadabra Nº3
- Abracadabra Nº2
- Abracadabra Nº1
Para participar só tes que levar en préstamo (por un período mínimo dunha semana) 15 libros, entre os que terá que haber:
- Un libro de poesía
- Un libro de teatro
- Un libro de narrativa
- Un libro en galego
- Un cómic
- Unha revista
- Un libro de información
- Un audiovisual
Se consegues encher os 15 recadros do Bonolibro antes do mes de abril, poderás ter un préstamo adicional de materiais da Biblioteca.