Carné para entidades
Programa "Libros á súa medida"
Sabendo a importancia que ten a lectura e tendo en connta o alcance e a repercusión que pode ter a colaboración con outras entidades, máxime en épocas como a que nos tocou vivir nestes momentos, a Biblioteca da Deputación da Coruña quixo aumentar os seus esfuerzos para impulsar o hábito lector a través da cooperación cos centros educativos.
Para iso decidiu ofrecer aos colexios, que así o desexen, a oportunidad de gozar dun préstamo especial de "Libros á súa medida".
Para participar neste programa simplemente teñen que acudir á Biblioteca Provincial e pasar pola sección correspondente (Bebeteca para nenos menores de 7 anos, Sección Infantil e Xuvenil para nenos e mozos de 7 a 18 anos) onde poderán retirar un máximo de 15 libros, de entre unha selección de gran calidade do panorama editorial actual. O préstamo será de 45 días.
Con todo isto pretendemos conseguir unha percepción positiva da lectura por parte de nenos e mozos a través de libros de calidade, en sintonía cos seus gustos e necesidades. Deste xeito, a primeira vez que un colexio queira incorporarse ao Programa "Libros á súa medida", deberá traer un documento que certifique que fará uso da Biblioteca en concepto de centro educativo, ademáis de cubrir o impreso que aparece mais abaixo, e faráselle un carné de socio. Co devandito carné, calquera profesor do centro poderá retirar os libros que necesite para realizar o seu marabilloso labor mentres favorece o fomento da lectura.
O préstamo de materiais estará en proporción do fondo dispoñible. Ademais estarán excluídas do préstamo as enciclopedias, diccionarios e obras de información. Para maior detalle consultar coa persoa responsable da sección.