A Biblioteca
Localización
Biblioteca Provincial Deputación da Coruña
Riego de Agua, 37 – 15001 A Coruña
Contacto:
Teléfono:
- 981 415 175 (Préstamo)
- 981 415 176 (Información)
- 981 415 162 (Oficina administrativa)
Correo electrónico:
Web: www.dacoruna.gal/biblioteca
Cómo chegar:
- Autobús Urbano: Liña 1, 1A, 2, 2A, 3A, 17, 23, 23A (parada Autoridade Portuaria)
- Autobús Área Metropolitana: parada Entrexardíns
Horario de apertura ao público
Persoas adultas e maiores de 14 anos
- Inverno (do 01 de outubro ao 31 de maio)
De luns a venres: de 8:30 a 20:15 h
- Verán (do 01 de xuño ao 30 de setembro)
De luns a venres: de 8:30 a 13:45 h e de 15:30 a 20:15 h
- Semana Grande (do 3 ao 7 de agosto de 2026)
De luns a venres: de 9 a 13 h e de 15:30 a 19:30 h
De 0 a 13 anos
- Período lectivo
De luns a venres: de 17:00 a 20:15 h
- Período non lectivo
De luns a venres: de 11:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:15 h
- Semana Grande (do 3 ao 7 de agosto de 2026):
De luns a venres: de 17 a 19:30 h
Biblioteca
Oficina administrativa ( horario de mañá) : 981415342
Teléfono Información: 981415176
Teléfono Bebeteca: 981415174
Teléfono Préstamos: 981415175
Teléfono Hemeroteca: 981415172
Administración Biblioteca: administracion.biblioteca@dacoruna.gal
Información Biblioteca: biblioteca.info@dacoruna.gal
EBIBLIODACORUNA
Información e incidencias: biblioteca.web@dacoruna.gal
Teléfono Información: 981415176
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña foi fundada o 23 de decembro de 1845 e nace a partir dos fondos desamortizados de diversos conventos da provincia da Coruña.
Nun primeiro momento instálase no edificio que alberga tamén o Teatro Rosalía de Castro. En 1983 cambia a súa localización, xunto co Arquivo, a un edificio na rúa Archer Milton Huntington, para volver á súa situación orixinal en 1994 na rúa Rego de Auga, 37, polo que queda separada do Arquivo provincial. Nesa data a biblioteca contaba aproximadamente con 74.000 exemplares, na actualidade conta con máis de 200.000 físicos e dixitais.
Ao seu cargo e xestión estivo sempre un profesional arquiveiro-bibliotecario, entre eles tivemos a Bernardo Barreiro, quen redactou a primeira historia desta biblioteca e a Manuel Murguía. Tamén personaxes destacados coma Maximiliano Linares Rivas quen facilitou a creación da biblioteca e foi o seu primeiro director.
Ata febreiro de 2022 dirixiu e xestionou a biblioteca a arquiveira-bibliotecaria Dolores Liaño Pedreira.
Documentos e ligazóns
Carta de Servizos (BOP núm. 66, 10-04/2026)
Regulamento da biblioteca (BOP núm. 250, 31-10/1995)
Ademáis do fondo xeral adicado ao público adulto e infantil, e dunha completa hemeroteca, a biblioteca ofrece a estudiosos, investigadores e curiosos os seguintes fondos patrimoniais de especial relevancia
- Fondo Antiguo e Libros de Bibliófilio
- Bibliotecas Persoais
- Bibliotecas persoais de temática galega
Colección José Mosquera Pérez - O vello dos contos
- Fondos musicais
Colección de partituras e Arquivo Canuto Berea
Colección de partituras Ballet Rey de Viana
Colección de partituras Rodríguez Nache
Colección de partituras Familia Brocos
Asociación Galega de Compositores ( en depósito)
Academia Galega de Belas Artes. Arquivo Musical (catálogo colectivo en liña)
- A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña encóntrase nun edificio de 1868 que alberga tamén o Teatro Rosalía de Castro. É un espazo de cinco plantas completamente rehabilitado en 1992 para adaptalo ás novas esixencias tecnolóxicas, de seguridade e accesibilidade. As catro primeiras plantas están accesibles ao público, mentras que a última no que están os depósitos coas coleccións, é de acceso restrinxido.
- Planta Soto
Sala multiusos "Manuel López"
• Sala de actividades socioculturais.
• Nela atópase a colección de libros de fotografía de Manuel López.
- Planta baixa
Vestíbulo
• Exposicións temáticas temporais
• Zona oficial Bookcrossing
Sala Xuvenil «Gonzalo Torrente Ballester»
• De 9 a 18 anos
- Primeira planta
• Préstamo e información bibliográfica
• Reprografía
• Audiovisuais
• Sala de lectura 1 " Luis Seoane"
• Sala de formación
• Dirección
• Servicios administrativos
• Servicios bibliotecarios a la provincia
• Zona de investigadores
- Segunda planta
• Bbtk Infantil "Rafael Dieste"
• Hemeroteca "Juan Fernández Latorre"
• Sala de lectura 2 "Luis Seoane"
• Biblioteca "César Antonio Molina - Mercedes Monmany"
• Reprografía
- Terceira planta (acceso restrinxido)
• Depósito das coleccións xerais e patrimoniais, mapas, planos, gravados e obxectos
- Video premiado no X Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas celebrado en Las Palmas os días 10, 11 e 12 de novembro, co lema El desafío de la transformación, no que participou a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.
- Video presentación da Biblioteca da man da súa directora Dna. Dolores Liaño Pedreira
Euleoendixital Campaña de animación á lectura da Deputación da Coruña
