Colección de partituras Rodríguez Nache
Rodríguez Nache (RN)
Horacio Rodríguez Nache (1912-1970) foi un gran violinista coruñés.
Tras os seus estudos na Coruña, trasladouse a Madrid, onde perfeccionou o dominio do violín co mestre José del Hierro no Conservatorio Nacional. Posteriormente viaxou a París e Londres.
A súas inquedanzas levárono a xestionar a creación do Conservatorio de Música e Declamación da Coruña, converténdose no seu director en 1945, función que desempeña ata o seu falecemento. Baixo o seu mandato proliferan o número de mestres e especialidades.
Formou parte do «Trío Pro-Música», xunto coa pianista Pilar Cruz e o chelista José Béjar, que desenvolveu un gran labor musical. En novembro de 1948, é nomeado membro de número da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.
Na biblioteca contamos con 274 das partituras que interpretaba.