Colección Eva Llorens
Eva Lloréns (EL)
Eva Lloréns foi catedrática de Literatura nas Universidades de Yale e New Haven, ademais de pintora e mecenas. Era filla do pintor coruñés Francisco Lloréns.
Os 1.400 volumes da súa Biblioteca Persoal, inclúen obras do seu pai e avó. Entre as obras destacan as relacionadas con Galicia, a literatura galega e a arte.
Hai exemplares asinados por Álvaro Cunqueiro, Emilia Pardo Bazán ou Ramón Cabanillas.
Tamén está o manuscrito da súa tese de doutoramento Valle-Inclán y la plástica (EL/1102).
A maior parte desta biblioteca é prestable.