“Para logo non ser nada, iso inda está por ver”
Tema: Día das Escritoras
Canción: "A fiandeira", Pilocha

Mulleres que soñaron, para logo ser escritoras.
"1975: Escribide, compañeiras!", é o lema da edición deste ano do Día das Escritoras, unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España que hoxe celebra a súa X aniversario. A idea á que fai referencia este lema é: que están a publicar as mulleres cara a 1975? Partindo da devandita idea, achégase unha escolla de obras pertencentes a escritoras galegas ou que escriben en galego e que están en activo durante a década de 1970. As autoras destacadas son: María do Carme Kruckenberg, Margarita Ledo Andión, Marina Mayoral, María Vitoria Moreno, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Xohana Torres, Pura e Doura Vázquez e Helena Villar Janeiro. A través desta selección, pódese descubrir o seu traballo, intereses e logros alcanzados durante esta década, e posteriores. Talles como: o compromiso coa lingua galega, a crítica á situación das mulleres durante o franquismo, a denuncia do drama da emigración ou a representación da sociedade do momento; a escrita da primeira novela feminista galega, dos primeiros ensaios sobre feminismo e denuncia da situación da muller galega ou dos primeiros contos infantís en galego; a codirección de revistas poéticas, a obtención de diversos premios e distincións, o nomeamento como académicas da Real Academia Galega...
Escritoras que prenderon e se viron recoñecidas.
Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=sWNZgngIjwc&list=OLAK5uy_lP3pRGzteYizzLAqRE9ier4nyWeE9Dl0w
Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/6aHC5iPEPKYiTqqN8ysoBh
Recomendacións lectoras
Papel:
• "O desacougo", Pura Vázquez, 1971[sinatura: GAL/1206]
• "Os novísimos da poesía galega/Los novísimos de la poesía gallega", María Victoria Moreno Márquez, 1973 [sinatura: GAL/286]
• "Tres cadros de teatro galego", Dora Vázquez, 1973 [sinatura: BM/1193, consulta en sala]
• "Obra poética case completa: 1953-1999", María do Carme Kruckenberg [sinatura: GAL/9072]
• "A muller en Galicia: a muller na sociedade galega, a lingua galega e a muller", María Xosé Queizán, 1977 [sinatura: BM/565, consulta en sala]
• "Cravo fondo", 1977 [sinatura: GAL/291]
• "Antoloxía da poesía galega actual", 1978 [sinatura: GAL/282]
• "Cándida, otra vez", Marina Mayoral, 2001 (1ª ed. 1979) [sinatura: 3M/17235]
• "Mar adiante: (historias de nenos pra nenos)", María Victoria Moreno Márquez, 1973 [sinatura: GAL/1219]
• "Monicreques", Pura e Dora Vázquez, 1974 [sinatura: GAL/1205, consulta en sala]
Dixital:
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/as-poetas-da-coleccion-salnes-00474092, 2025 (1ª ed. 1962-1972)
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/adios-maria-00116625, Xohana Torres, 2019 (1ª ed. 1971)
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/de-rosa-antiga-00383114, Helena Villar Janeiro, 2023 (1972-2022)
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/metafora-da-metafora-00438552, María Xosé Queizán, 2024 (1ª ed. 1991)
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/amor-de-tango-00272625, María Xosé Queizán, 2016 (1ª ed. 1992)
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/o-morto-asasinado-e-outros-contos-00255333, María do Carme Kruckenberg, 2019 (1ª ed. 1998-2012)
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/o-anxo-de-eva-00039766, Marina Mayoral, 2013
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/anagnorise-00255344, María Victoria Moreno, 2017 (1ª ed. 1988)
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/chamabase-luis-00465900, Marina Mayoral, 2015 (1ª ed. 1989)
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/pericles-e-a-balea-00116623, Xohana Torres, 2019 (1ª ed. 1984)