A Biblioteca na provincia
Obradoiro de modelaxe na Biblioteca Pública Municpal "Rego da Balsa" de Carballo
O sábado 8 de novembro, a Biblioteca Provincial achégase á capital de Bergantiños para ofrecer á rapazada un obradoiro de modelaxe de personaxes da literatura infantil.
Apúntaste?
O vindeiro sábado a partires das 10:30h, a Biblioteca Provincial achega un obradoiro de modelaxe de figuras da literatura infantil, para que o goce a zapazada entre 5 e 8 anos.
Terá lugar na Biblioteca Municipal Rego da Balsa e precisa de incrición previa, a través da Biblioteca carballesa.
Lugar: Rúa Buenos Aires, 15100 Carballo, A Coruña
Día: 08/11/2025
Hora: 10:30h
Idades: De 5 a 8
Inscripción: Sí, na Biblioteca Rego da Balsa
Agardámosvos!
