Estás en:Novas
Biblioclip, música dende a BPDC

“Pero o ceo de París non é cruel por moito tempo, para ser perdoado ofrece un arco da vella”

Tema: María Casares
Canción: "Sous le ciel de Paris", Zaz & Pablo Alboran
...Mais le ciel de Paris n′est pas longtemps cruel, pour se faire pardonner il offre un arc-en-ciel...

“Pero o ceo de París non é cruel por moito tempo, para ser perdoado ofrece un arco da vella”

Unha vida para o teatro.

O 21 de novembro de 1922 nacía na rúa Panadeiras da cidade da Coruña María Vitoria Casares Pérez. Filla de Santiago Casares Quiroga, avogado e político republicano, e Gloria Pérez Corrales, en 1936 ten que exiliarse en Francia. En París, estuda no Conservatorio Nacional de Arte Dramática e, en 1942, baixo a Ocupación, debuta no teatro como primeira actriz.

María é unha muller galega de forte carácter. Desprazada, ten que saír do paso, así decide aprender francés e dedicarse ao teatro. O seu desexo de alcanzar a perfección e a intensidade coa que afronta a vida convértena nunha das grandes actrices, tráxicas, do teatro francés do século XX. Comprometida co exilio español, mantivo a Galicia no recordo, onde non regresará. Falece en Alloue, Francia, en 1996.

María Casares, todo ou nada.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=XxGeJILz3bQ

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/2lFliCKybjQDw0E3JUqAfb?si=55cb3a7998f9473e

Recomendacións lectoras
Papel:

• "Solo un día más", Susana Fortes [sinatura: 3A/7338]
• "Residente privilegiada", María Casares [sinatura: GAL/17126]
• "O tempo das mareas: María Casares e Galicia", María Lopo [sinatura: GAL I 197]
• "María Casares", Béatrix Dussane [sinatura: GAL I 206]
• "María Casares: a célebre refuxiada, a descoñecida", Arancha Estévez [sinatura: GAL I 177]
• "Despois das ondas", Ernesto Is [sinatura: GAL/17170]
• "Cartas no exilio: correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949)", María Lopo [sinatura: GAL/13886]
• "Tres mulleres do seu tempo", Heidi Kühn-Bode [sinatura: T 869.9 KUH tre / a]

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/luas-do-orzan-00465755
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/correspondencia-1944-1959-00293991
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/maria-casares-fronte-ao-espello-00271123
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/todas-las-horas-del-dia-00184798
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-unica-maria-casares-00116661
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/mujeres-para-la-historia-00208598
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/memoria-de-cidades-sen-luz-00460993
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/maria-casares-a-impaciencia-por-vivir-00465810