Historia das mulleres galegas
Do 2 ao 16 de marzo, compartimos a lectura de Historia das mulleres galegas, de Pepe Carreiro.
Acompáñasnos?
Nova lectura no club dixital eBiblioDaCoruna‼
- Obra: Historia das mulleres galegas
- Autor: Pepe Carreiro
- Sala: Arredor dos libros
- Moderadora: Patricia Cernadas Novo
- Info e alta aquí: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector/
HISTORIA DAS MULLERES GALEGAS
Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa grea cargou coa historia nos seus lombos. Mais as mulleres cargaron sen deixaren de atender a familia e a casa. Se cadra é por iso polo que, até non hai moito, as mulleres galegas, e moitas outras, mantiñan con tanto equilibrio un peso na cabeza.
En 2013 corenta e oito mulleres foron asasinadas polas súas "parellas sentimentais" no reino de España. O terrorismo, en troca, deixou de ser unha preocupación para a sociedade. A violencia contra as mulleres preocupa un 0,3 por cento. Preocupa máis a inseguridade cidadá, un 2,3; os políticos, un 3,7; os nacionalismos, un 1,7; os bancos, un 2,1; a monarquía, un 0,6; as excarcelacións, 0,5; o desemprego, un 78,5... E, loxicamente, preocupa moito máis a crise de valores, un 2,5.
A documentación para esta parodia histórica foi tirada basicamente de traballos feitos por historiadoras: Textos para a historia das mulleres en Galicia, coordinado por Mª Xosé Rodríguez Galdo; Tres mulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña, María Soliña, de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar; Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, de Tareixa Ledo Regal; O orballo da igualdade. Asociacionismo feminino progresista na cidade da Coruña, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez; Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco; 22 documentos do feminismo galego, da Fundación Galiza Sempre.
PEPE CARREIRO
Pepe Carreiro (Vigo 1954), é un humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada. Traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia propia e ten un estudio propio dende os anos 90.
Foi fundador das revistas Can sen Dono e XO! "a voz que para a bestas"; publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza); e publicou viñetas e tiras en medios como A voz do Pobo (na sección "O fillo de Breogán"), Teima (na sección "O galo Camilo"), La Codorniz, Mundo Obrero, El Pueblo Gallego ("O galo Camilo"), Hoja del Lunes de Vigo, Faro de Vigo ("Maxistérico"), Diario de Galicia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro del Lunes ("Canal privado"), Televisión de Galicia ("O anano do tesouro"), El Correo Gallego, ("O galo Camilo"), A Peneira ("Robinsón"), El Mundo, A Trabe de Ouro, Tempos novos, kkrak.net, Novas de Galiza, Retranca e Xornal de Galicia.
Como debuxante e guionista de cómic publicou tres álbums da serie "Os Barbanzóns": Baroña ou morte, No solpor da prehistoria e A noite de Samaín; e un álbum da serie "Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore".
Tamén é súa a serie "Os Formigón" (A Nosa Terra); a serie "Os Pequenos Barbanzóns", en colaboración con Abraham Carreiro (Toxosoutos); e varios contos para as coleccións "Contos do Miño" (A Nosa Terra), "Merlín" (Xerais), "Árbore" (Galaxia) e "A chalupa" (Galaxia). Tamén publicou en Sotelo Blanco, Ir Indo, Pearson Education, Macmillan, EDB, Rodeira etc.
Porén, o maior éxito como debuxante, ilustrador e escritor foi a creación da serie infantil "Os Bolechas", editada primeiro pola Nosa Terra e actualmente por Bolanda Edicións e Márketing, e que deu o salto do papel a outros múltiples formatos como espectáculos para teatro, discos, unha serie de televisión, etc.
OBRA
Ademais dos Bolechas, Biblioteca básica Os Bolechas e Os Barbanzóns:
- Fraga na Galiza (1997). Santiago: Laiovento. ISBN 978-84-89896-09-7.
- Castelao (1999). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-96259-07-2.
- Mellor que onte, pero mellor que mañán (2004). Silleda: Fervenza. ISBN 96368-08-4.
- Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil (2023). Con Antón Mascato. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-998-0.
- Manuel María sachando na terra común, non na de un (2022). Fundación Manuel María. ISBN 9788412310252.
- O poeta Manuel María vai ver as follas do outono (2023). Con Abraham Carreiro. Fundación Manuel María. ISBN 978-84-123102-8-3.
- O poeta Manuel María foxe de Barriga Verde (2024). Con Abraham Carreiro. Fundación Manuel María. ISBN 978-84-123102-9-0.
- A nosa historia (Baía Edicións)
- Historia de Galicia. Da vida nas covas ás acampadas nas prazas (2012). ISBN 978-84-9995-034-1.
- Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres (2014). ISBN 978-84-9995-127-0.
- As Irmandades da Fala. Nin provincialismo, nin rexionalismo, nin galeguismo: nacionalismo! (2016). ISBN 978-84-9995-204-8.
- Historia da Lingua Galega. Do latín ao acento de Burgos (2023). ISBN 978-84-9995-371-7.
- Contos do Miño (A Nosa Terra)
- A historia infinda (ISBN 978-84-96403-49-9)
- Marca negra (ISBN 978-84-96202-69-6)
- Grandes contra pequenos (ISBN 9788495350787)
Ilustrador
- A pomba dona Paz, de Ramón Caride. Xerais
- Ó outro lado do sumidoiro, de Xosé A. Neira Cruz. Xerais
- O enigma de Embívicus, de Xosé Antonio Perozo. Sotelo Blanco
Libros colectivos
- Compostela, la historia de una leyenda (2003). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-95622-94-5. En catro linguas.
Premios
- 3º premio ex aequo con Xan González do Concurso nacional de contos infantís O Facho de Cómics para nenos no 1980, por A illa dos carballos.
- No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.
- Premio Xosefa Iglesias Villaverde, ao mellor libro educativo do ano 2014.
(Fonte: Wikipedia)
