Estás en:Novas

NOVO PROCEDEMENTO EXENCIÓN VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

Mediante a resolución da Presidencia número 7962, do 26 de febreiro de 2026, modificouse o procedemento para o recoñecemento da exención prevista no artigo 93.1.g) do TRLRFL.
A partir do 16 de marzo de 2026, en todos os trámites de vehículos que se realicen perante as xefaturas provinciais de tráfico que lles afecten aos concellos que teñen delegada a xestión do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, non será necesario acreditar nin presentar a concesión provisional nin definitiva da exención do imposto, cando se trate de tractores, remolques, semirremolques e maquinaria agrícola inscritos no el Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

RES 7962.pdf