Perspectivas literarias en... Teo: ‘A saúde mental nas historias’
O 17 de abril, en Teo, terá lugar un encontro coas autoras xxxxxxxxxx, baixo a proposta 'A saúde mental nas historias'.
"A saúde mental nas historias"
Este encontro encádrase baixo a actividade 'Perspectivas literarias' que desenvolve a Biblioteca da Deputación da Coruña dende o pasado xaneiro até xuño.
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
O faladoiro manterá dinámicas participativas para que toda aquela veciñanza asistente poida introducirse no diálogo e formular as súas inquedanzas ás participantes.
PERSPECTIVAS LITERARIAS: UN PROXECTO DA BIBLIOTECA PROVINCIAL PARA O FOMENTO DA LECTURA
A través desta proposta cultural, dinamízanse media ducia de bibliotecas da provincia da Coruña, procurando fomentar a lectura entre o público adulto e xuvenil cun diálogo directo entre persoas lectoras e autoras que narran dende Galicia.
Cada un dos faladoiros do programa xira en torno a un tema de actualidade social vinculado coa obra literaria dos e das escritoras participantes, como pode ser a migración, os problemas sociais, a identidade de xénero e busca un "novo xeito de achegar novas voces e descentralizar a cultura".
