Estás en:Novas
Fondo Social Europeo Plus

Programas de formación-emprego Talento Mozo: Garantía Xuvenil - 27/04/2026

Programas de formación-emprego Talento Mozo: Garantía Xuvenil - 27/04/2026

Convocatoria:
Axudas e subvencións para a realización de programas de formación-emprego Talento mozo para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, convocatoria para os anos 2026 e 2027 en réxime de concorrencia competitiva.

Obxectivos:
Os programas de formación-emprego Talento mozo teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que lle posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.
A súa programación integrarase, na medida do posible e conforme os itinerarios de inserción profesional que se definan, en proxectos que dean resposta ás demandas do mercado de traballo e sexan capaces de activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, crear postos de traballo.

Entidades beneficiarias:
Os proxectos de programas de formación-emprego Talento mozo poden ser promovidos polos concellos, mancomunidades de concellos e as entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade lles corresponda integramente a elas.
Poderán concorrer agrupacións de concellos, sempre que todos eles pertenzan á mesma provincia, nos seguintes casos:
• Concellos limítrofes que conformen unha área xeograficamente continua.
• Concellos que pertenzan todos eles á mesma comarca, aínda que non sexan limítrofes entre si.
• Agrupacións de concellos que reúnan os requisitos do punto anterior, aos cales se poden unir outros concellos que, non pertencendo á mesma comarca, limiten xeograficamente con algún dos concellos da agrupación que si pertencen a ela.
As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou servizos e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2025 superior a 300 persoas no ámbito territorial do proxecto, entendendo como tal o territorio do concello solicitante ou, se é o caso, a suma dos territorios dos concellos que concorran agrupados.

Gastos subvencionables e contías:
• Os derivados do funcionamento e xestión do programa de formación-emprego (contratación do persoal, medios e materiais didácticos, viaxes ou visitas didácticas, materiais de oficina, etc.): O cálculo da subvención efectuarase por hora/alumno de formación e por módulos.
• Os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado traballador: 100% do salario mínimo interprofesional anualmente establecido, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias e a totalidade das cotas por conta da persoa empregadora correspondentes á Seguridade Social.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 28/03/2026 - 27/04/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras 
BDNS 
Sede electrónica 

Contacto:
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Santiago de Compostela
Teléfono: 981547224
Email: obradoiros.emprego.santiago@xunta.gal

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Teléfono: 881881597/ 8881882579

Máis información - Impulso local