Programa EFESO: Selección de proxectos de formación para o emprego promovidos por entidades locais - 10/06/2026
Convocatoria:
Segunda convocatoria para a selección de proxectos de formación para o emprego promovidos por entidades locais. Programa EFESO do Fondo Social Europeo Plus (FSE+)
Obxectivos:
As axudas do FSE+ desta convocatoria destinaranse a cofinanciar proxectos promovidos polas entidades solicitantes, coa finalidade de realizar o seguinte tipo de actuacións:
a) Itinerarios de inserción laboral que contemplen actuacións interrelacionadas dirixidos a persoas desempregadas
b) Xornadas de activación e información en materia de emprego.
Entidades beneficiarias:
a) Os concellos de municipios con poboación superior a 20.000 habitantes.
b) As deputacións provinciais, as deputacións forais, os cabildos e consellos insulares ou, se é o caso, as comunidades autónomas uniprovinciais
c) Organismos autónomos dependentes dalgunha das entidades sinaladas nos parágrafos a) e b) anteriores, se teñen atribuídas funcións e competencias suficiente para poder desenvolver o obxecto do proxecto.
Gastos subvencionables e contías:
• Os gastos de formación dos itinerarios de inserción laboral, incluídas a práctica profesional titorizada, e titorías e orientación.
• A bolsa de formación dos participantes nos itinerarios de inserción.
• O custo das xornadas de activación e información realizadas, ata un máximo de 10, sen que supere o 10 por cento do custo elixible do proxecto.
• O custo por redacción do proxecto.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 02/04/2026 - 10/06/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local (Subdirección Xeral de Cooperación Local)
Teléfono: 912734460
Correo-e: gestion.efeso@correo.gob.es
