Estás en:Novas

Mostra bibliográfica: "Un atardecer, dous solpores: as eclipses"

Mostra bibliográfica:

 

A eclipse de sol é un dos fenómenos naturais máis impactantes que poden contemplarse a primeira ollada e o día 12 de agosto teremos o privilexio de poder presenciarmos unha.

Con este motivo, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña elaborou unha guía de lectura e montou unha exposición onde se tratan as eclipses desde diferentes perspectivas: que son, os mitos, crenzas e supersticións que suscitaron ao longo da historia, as figuras que axudaron a explicalas cunha base científica, así como os descubrimentos científicos que axudaron a facer ou como inspiraron poetas, músicos, pintoras, escritores... nas súas obras e, por suposto, como gozardes con seguridade deste fenómeno natural desde os espazos máis privilexiados da provincia da Coruña.

Podedes ver a exposición no vestíbulo da biblioteca. Rúa Rego de Auga, 37.
De luns a venres de 08:30 a 14:00 h e de 15:30 a 20:15 h. Aberta. Entrada libre

Para consultardes a guía de lectura, picade AQUÍ.