Estás en:Conservatorio Profesional de Danza Administración

Administración

paris.jpgHORARIO LECTIVO DO CENTRO

As clases impártense de luns a venres de 17:00 a 22:00
Respéctanse os períodos vacacionais estipulados no calendario oficial.

CURSO 2018-2019

 

HORARIO DE VERÁN

O centro permanecerá aberto:
a) durante o mes de xullo en horario de maña, de 09:00 a 14:00
b) durante o mes de setembro en horario de tarde, de 16:00 a 21:00

 

contacto.jpgTeléfono: 981 080 181/ 981 080 111

Dirección: rúa Franxa, 14 A Coruña

conservatorio.danza@dacoruna.gal

TAXAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO PROFESIONAL DE DANZA ANO 2018

O alumnado que supere 6º curso de grao profesional e desexe solicitar o Título Profesional de Danza terá que formalizar o pagamento da taxa correspondente.

INSTRUCCIÓNS PARA REALIZAR O PAGAMENTO.

A través da Oficina Virtual da Axencia Tributaria www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos, na ligazón "si desea obtener impreso y hacer el pago telemático", poden optar por calquera das seguintes opcións de acceso libre sen certificado:

"Descargar modelo": permite a descarga do modelo de autoliquidación AI en branco para cumprimentar a man e posterior pagamento presencial nunha entidade colaboradora.

"Iniciar Taxa": permite cumprimentar en liña, tanto o modelo de autoliquidación 730 para pagamento telemático, como o modelo 731 para pagamento presencial nunha entidade colaboradora.

CÓDIGOS PARA CUMPRIMENTAR OS MODELOS PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO:

Consellería :

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Código 07

Delegación:

Servizos Centrais – Código 13

Servizo:

Ensino medio – Código 03

Taxa denominación:

Expedición de Títulos Academicos e Profesionais de Ensinanzas LOE – Código 30.20.03

Obxecto de pago:

Título profesional de danza

Importe a ingresar:

Tarifa xeral: 24,28 € - Familia numerosa: 12,14 € cat. Xeral – 0,00 € cat. especial

Aquel alumnado que non teña acceso a internet, terá modelos en branco á súa disposición na sectretaría do centro.

IMPORTANTE: Para obter o Libro de Cualificacións e poder tramitar o Título Profesional de Danza é imprescindible presentar na Secretaría do Conservatorio o xustificante do pagamento de taxas.

 

CURSO 2018/2019

MATRÍCULA CONSERVATORIO DE DANZA CURSO 2018-2019

Prazo da matrícula curso escolar 2018/2019, será do 18 de xuño ao 3 de xullo de 2018. Excepcionalmente, para aqueles alumnos/as que se presenten ás probas de acceso en setembro, será do 3 ao 18 de setembro de 2018.

Matrícula para o vindeiro curso 2018/2019: Impreso

 

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA

Casa Martelo. R/Franxa, 14- 15001 A CORUÑA. Telf. 981 08 01 81- Fax 981 20 53 80

Correo electrónico: conservatorio.danza@dacoruna.gal

Web do Conservatorio de Danza

Horario: de 16.00 a 21.00 h. 

 

UNIFORME DO CENTRO. INICIACIÓN E GRAO ELEMENTAL

 IMG_20170612_184553.jpg