Plan de Formación Agrupado 2025
1ª CONVOCATORIA DO PLAN DE FORMACIÓN AGRUPADO 2025
ATENCIÓN: Aberto o prazo para a presentación de solicitudes ás accións formativas / aos cursos de formación da primeira convocatoria do Plan de Formación Agrupado 2025 que organiza a Deputación Provincial da Coruña e que van dirixidas / os ao persoal funcionario e laboral das entidades locais da provincia que asinaron a súa adhesión ao dito plan. O devandito prazo remata o domingo 4 de maio ás 23:59 horas.
Para calquera cuestión poderase poñer en contacto coa Sección de Formación:
- Enderezo electrónico: formacion@dacoruna.gal
- Teléfonos: 981 080 810 / 981 080 824 / 981 080 825 / 981 080 826
Primeira convocatoria
- Resolución da Presidencia núm. 2025/18314, do 15 de abril do 2025, pola que se aproban as accións formativas, xunto coas bases reguladoras e compensacións horarias engadidas no Plan de Formación Agrupado do ano 2025 da Deputación Provincial da Coruña
- Bases Reguladoras do Plan
- Cadro de accións formativas / cursos de formación que se van a realizar
- Compensacións horarias (só persoal da Deputación)
- Resolución da Presidencia núm. 2025/19063, do 21 de abril do 2025, pola que se aproba a primeira convocatoria das accións formativas, xunto coas bases reguladoras e compensacións horarias engadidas no Plan de Formación Agrupado do ano 2025 da Deputación provincial da Coruña
Para facilitar a presentación da documentación relativa aos outros criterios de preferencia, participación e/ou adaptación, se inserta a continuación un ficheiro editable para a súa cumprimentación.
Este documento titulado "DECLARACIÓN sobre a aplicación doutros criterios en relación coa selección de participantes na acción formativa / curso de formación que se indica", unha vez cumprimentado e convertido en PDF,deberá sere asinado pola persoa solicitante, e presentarse na solapa de "DOC.ADICIONAL / EMENDAS" da súa solicitude.
Plan de formación cofinanciado por: