Estás en:Servizos Tributarios

Servizos Tributarios

Notificación electrónica de tributos e outros ingresos de dereito público

Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica

Dende o 1 de XUÑO, a Deputación da Coruña substitúe, no ámbito dos procedementos tributarios e doutros ingresos de dereito público que xestiona, as notificacións en papel polo sistema de notificación electrónica, de tal xeito que os mencionados suxeitos serán notificados por comparecencia na Oficina Virtual Tributaria (OVT) desta Deputación (https://ovt.dacoruna.gal/) e a través do servizo de notificacións electrónicas da Dirección Electrónica Habilitada Única (DEHú) (https://dehu.redsara.es)

Persoas físicas

As persoas físicas non obrigadas poderán subscribirse voluntariamente a este sistema a
través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) desta Deputación (https://ovt.dacoruna.gal/).
Para máis información, poderá poñerse en contacto cos servizos tributarios da Deputación a través de correo electrónico, no enderezo atencion.tributaria@dacoruna.gal ou
chamando ao teléfono gratuíto 900 132 204.

Poderá poñerse en contacto cos Servizos Tributarios da Deputación a través de correo electrónico, na dirección atencion.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono gratuíto  900 132 204.

Tamén poderá facer xestión e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria ou na Sede electrónica da Deputación.

A Deputación Provincial de A Coruña asume, por delegación expresa dos concellos, as competencias en materia tributaria, en relación cos tributos, precios públicos e outros ingresos de dereito público de carácter municipal.