Estás en:Campañas Lazos coruñeses con América Latina

Lazos coruñeses con América Latina

I Premio de traballos de investigación escolar "LAZOS CORUÑESES CON AMÉRICA LATINA" da Deputación Provincial de A Coruña 2021

A Deputación da Coruña quere contribuír a dar a coñecer a importante historia da emigración galega entre os máis novos coa convocatoria do I Premio de traballos de investigación escolar 'Lazos coruñeses con América Latina', dirixido ao alumnado dos centros escolares da provincia da Coruña.

  • OBXECTIVOS:
    • Fomentar na xente nova o coñecemento da historia da migración galega e a creación das comunidades galegas nos países de América Latina, dada a especial relevancia que este feito migratorio tivo e ten na provincia de A Coruña. 
    • Implicar á mocidade na recuperación dos lazos de unión, afectividade, coñecemento e colaboración coas comunidades galegas nos países de América Latina, así como analizar as consecuencias de dito movemento na provincia da Coruña.
  • PARTICIPANTES:

 Poderán participar os centros escolares con sede na provincia da Coruña.

 Os equipos de investigación deberán estar integrados por alomenos 5 alumnos/as do centro educativo, e ser dirixidos por un/unha profesor/as do propio centro, sendo este o responsable do proxecto.

  • CONTIDO DOS TRABALLOS : Os traballos de investigación deberán:
    • Desenvolverse en torno á incidencia, repercusión ou efectos que historicamente tivo a emigración no entorno xeográfico do centro educativo ou zonas de residencia das persoas que integren os equipos de investigación participantes, cara os países de América Latina.
    • Ser orixinais, non podendo participar aqueles proxectos xa premiados en calquera convocatoria de similar natureza.
    • Contemplar o estudo de procesos migratorios colectivos/comunitarios, dando relevancia ao impacto na colectividade por encima, ou máis aló das experiencias individuais.
    • Encamiñarse cara ao coñecemento de cómo se estableceron as comunidades galegas nos países de destino da migración e o impacto que tivo tanto nos países de destino, como nas vilas da provincia da Coruña.
    • Terán especial valoración aqueles que favorezan as posibilidades de que as comunidades poidan restablecer ou retomar o contacto entre os descendentes das comunidades en América Latina e os seus descendentes na provincia da Coruña.

  • PRAZO: O prazo de presentación dos traballos finalizará o 30 de abril de 2022. 

  • FORMA DE PRESENTACIÓN: As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica (SUBTEL): https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/

 

  • PREMIOS: Concederanse 5 premios en metálico para compra de material escolar, xunto coa entrega dunha distinción simbólica, e un recoñecemento público:
    • 1º clasificado: 3.000,00 €
    • 2º clasificado: 2.000,00 €
    • 3º clasificado: 1.500,00 €
    • Accésit 1: 1.000,00 €
    • Accésit 2: 1.000,00 €

 

  • BASES E INFORMACIÓN ADICIONAL:

Bases específicas: BOP nº 216, do 12 de novembro de 2021

Contacto para máis información:

Teléfono: 981 080 704

Email: premiolacal@dacoruna.gal