8 de marzo 2026

Programación do 8M da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña celebra o 8M cunha programación que combina memoria, igualdade e participación social, cun eixo común: o poder colectivo das mulleres para transformar a sociedade. As actividades esténdense por toda a provincia e poñen o foco na memoria histórica, na resistencia e na sororidade como motores de cambio.

Eixe temático: O poder colectivo das mulleres

Proxecto central en Ferrolterra: Mulleres da Reconversión
Iniciativa para recuperar o papel das mulleres na reconversión naval dos anos 80 e 90 en Ferrolterra.

Inclúe:

  • Encontros e grupos de traballo en Fene.
  • Recollida de testemuños e materiais.
  • Visita ás antigas instalacións de ASTANO.
  • Documental 

Resultados: documental, exposición itinerante, publicación dixital e presentación pública (6 de marzo, Casa da Cultura de Fene).

Exposición provincial: Sinaladas, de Montse Fajardo
Adaptación a formato interior dunha exposición que percorre cen anos de loita das mulleres galegas, con 39 paneis distribuídos en tres bloques:

  • Antes do golpe de Estado: revoltas agrarias, sindicalismo, pioneiras na política e educación.
  • A loita contra a ditadura: participación antifascista, apoio á guerrilla, exilio e violencias específicas contra as mulleres.
  • O tempo despois: consecuencias da ditadura, control da sexualidade, activismo dos 60–70, loitas laborais e pioneiras do feminismo.

A mostra presentarase en cinco concellos: Coirós, Moeche, Muros, Muxía e Sobrado.

Outras accións polo 8M

Programación provincial con actividades de igualdade en múltiples concellos:

  • Obradoiros
  • Teatro
  • Contacontos
  • Proxeccións de curtas
  • Actividades para público infantil e adulto

Participan compañías, artistas e entidades vinculadas á igualdade, ao feminismo e á diversidade.

Planificación estratéxica en igualdade
Posta en marcha da avaliación do I Plan Provincial de Igualdade e da diagnose para o II Plan Provincial 2027–2031, co obxectivo de reforzar as políticas públicas de igualdade en toda a provincia.

Peche cultural
Concerto Vacanal Sinfónica – 10º aniversario de De Vacas

Convite-MAIL_cartel_DeVacas_Carballo_02.jpg

Declaración institucional