Guías

Actualización, ampliación e adaptación da guía de linguaxe non sexista editado pola Deputación por primeira vez no ano 2017.Esta é unha das medidas de actuación que veñen recollidas no Plan de Acción das Políticas de Igualdade que xa foron aprobadas no pleno da corporación.

Paga a pena facermos un esforzo para eliminarmos os efectos perniciosos destes usos lingüísticos discriminatorios, a usarmos unha linguaxe que recoñezatodas as persoas como participantes valorizados e iguais na sociedade.

A linguaxe e a comunicación dan forma aos nosos discursos e reproducen as desigualdades existentes. O uso dunha comunicación inclusiva e dunha linguaxe non sexista é unha obriga de todas as administracións públicas que se recolle no artigo 14 da Lei 3/2007, onde se marcan os criterios xerais de actuación dos poderes públicos, sendo un deles a implantación dunha linguaxe non sexista no ámbito administrativo e o seu fomento na totalidade das relacións sociais, culturais e artísticas.