Estás en:Servizos Sociais Área de Igualdade Premios e Concursos Concurso de microvideos contra a violencia de xénero

Concurso de microvideos contra a violencia de xénero

TW-Concurso-Microvideos-Defronte.jpg

Coa intención de alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade e concienciar á poboación en xeral e a mocidade sobre a violencia de xénero dixital, a Deputación Provincial da Coruña convoca neste ano o I Concurso de microvídeos "De fronte á violencia de xénero".

O obxecto do certame é elaborar un microvídeo a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención das violencias de xénero dixital, entendidas estas como todas as condutas de violencia de xénero que se exercen a través das novas tecnoloxías, redes sociais e/ou en Internet.

Preténdese que a través da elaboración do microvídeo a poboación adolescente cree debate, reflexión, mobilización e cambio social sobre o ciberacoso, sexting, sextorsión, stlaked, grooming, shaming, doxing ou calquera outra forma de acoso nas redes.

Así mesmo, o concurso anima á participación da comunidade educativa (profesorado, familias e contorna) como piar necesario para guiar e orientar o proceso de creación.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.

Cada participante só poderá presentar un único microvídeo orixinal e inédito, non premiado con anterioridade nin difundido publicamente antes por ningún tipo de soporte nin canle.

Outorgaranse ata 10 premios de 1000 euros.

O prazo de presentación:14:00 horas del día 15 de junio de 2023

A solicitude presentarase de forma telemática  a través da plataforma SUBTEL.

SUBTEL

HISTORIAL DE PERSOAS GAÑADORAS

CONVOCATORIA

TÍTULO DO PROXECTO

PERSOAS GAÑADORAS

2022: I CONCURSO

Detrás das túas palabras

Lucía García Amado

Iria Gavilanes Villar

"Apaga o móbil", de esTilos

Irene Rama Fraga

       Aaron Fernández López